Diferenzas entre revisións de «Wolfgang Amadeus Mozart»

m
→‎Estilo e valoración musical: Órgano (instrumento musical)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
m (→‎Estilo e valoración musical: Órgano (instrumento musical))
}}
 
Mozart aparece hoxe como un dos maiores xenios musicais da historia. Foi excelente [[piano|pianista]], [[Órgano (instrumento musical)|organista]], [[violín|violinista]] e [[director de orquestra|director]] e destacaba polas súas [[improvisación musical|improvisacións]], que adoitaba realizar nos seus [[concerto]]s e recitais.
 
A música de Mozart, do mesmo xeito que a de [[Joseph Haydn]], é presentada como un exemplo arquetípico do [[Música do clasicismo|estilo clásico]]. Na época na que comezou a compoñer, o estilo dominante na [[música occidental|música europea]] era o [[Música galante|estilo galante]], unha reacción contra a complexidade sumamente desenvolvida da [[música barroca|música do Barroco]]. Pero cada vez máis, e en gran parte nas mans do propio Mozart, as complexidades do [[contrapunto]] do Barroco tardío xurdiron unha vez máis, moderado e disciplinado por novas [[forma musical|formas]] e adaptado a unha nova contorna estética e social. Mozart foi un compositor versátil e compuxo en cada [[xénero musical|xénero]] principal, incluíndo a [[sinfonía]], a [[ópera]], o [[concerto]] para [[só (música)|solistas]] e a [[música de cámara]]. Dentro deste último xénero, realizou composicións para diversos agrupamentos de instrumentos, incluíndo o [[cuarteto de corda|cuarteto]] e o [[quinteto de corda]] e a [[sonata para piano]]. Estas formas non eran novas, pero Mozart realizou avances na sofisticación técnica e o alcance emocional de todas elas. Case sen axuda de ninguén desenvolveu e popularizou o [[concerto para piano]] clásico. Compuxo numerosas obras de [[música sacra|música relixiosa]], incluíndo unha gran cantidade de [[Misa (música)|misas]]; pero tamén moitas [[danza]]s, [[divertimento]]s, [[serenata]]s e outras formas musicais lixeiras de entretemento. Tamén compuxo para calquera tipo de [[instrumento musical|instrumento]].
104.757

edicións