Historia dos eslavos do sur: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
corrixo lingua
Liña 1.044:
{{Artigo principal|Perestroika}}
[[Ficheiro:Mikhail Gorbachev 1987.jpg|miniatura|esquerda|150px|[[Mikhail Gorbachev|Mikhail Serguéievič Gorbachev]] en 1987.]]
A chegada ao poder de [[Mijail Gorbachov]] (Mikhail Gorbachev) na [[URSS]], en [[1985]], e a aplicación do seu programa de reformas -Perestroika- abriu unha etapa de profundos cambios na Europa oriental. Non se trataba dunha imposición soviética, senón dunha auténtica quebra da orde económica, política e social. Peza fundamental do equilibrio europeo, Iugoslavia enfróntase ao iniciarse a década dos noventa a un futuro difícil, ante oa repunta das nacionalidades disolventes e a perda de apoio social do comunismo.
 
En [[1991]] [[Eslovenia]] e, máis tarde, [[Croacia]], declaran a súa independencia, que non é aceptada por [[Serbia]] que, gobernada polos antigos comunistas de [[Slobodan Milošević]], esmaga as autonomías de [[Voivodina]] e [[Kosovo]] e, coa axuda do seu incondicional Montenegro, aspira de novo á formación da Gran Serbia, reclamando os territorios croatas onde hai maioría -ou mesmo minoría- de serbios. Os novos chetniks, apoiados abertamente polo exército federal (en mans serbias), emprenden a "liberación" destes territorios, cuxas autoridades serbias, á súa vez, se proclaman autónomas respecto de Croacia e desexan integrarse en Serbia ([[Eslavonia oriental]] -a parte croata da mesma-, a [[Krajina]] croata, [[Banija]]). Mentres, no medio de Serbia e Croacia, os serbios, croatas e musulmáns de [[Bosnia e Herzegovina|Bosnia e Hercegovina]] fan equilibrios para non vérense involucrados no conflito serbo-croata, pois temen ser repartidos entre estes, quedando Bosnia reducida a un pequeno país musulmán. E a [[República de Macedonia]], ao fin, tamén proclama a súa soberanía, que non é admitida nin por Serbia, nin por Bulgaria, nin por Grecia.