Conquista romana de Britania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
corrixo lingua
Liña 26:
Os británicos retrocederon cara ao [[río Támese]] co exército romano perseguíndoos ó longo do río e causándolles numerosas baixas cando atravesaban o territorio de [[Essex]]. Descoñécese se para este fin os romanos construíron unha ponte fixa ou se a edificaron de xeito temporal, aínda que se sabe con certeza que polo menos unha división de auxiliares bátavos cruzou o río e constituíu unha forza independente; por tanto, está clara a existencia do mesmo.
 
Cando o líder britano Togodumno morreu tras o desastre do Támese, Plaucio detivo a súa ofensiva e envío unha mensaxe a Claudio pedindo que se lle unise para dirixir a ofensiva final. Dión Casio escribe que Plaucio necesitaba do apoio de Claudio para derrotar o rexurdimento dos britanos que estaban decididos a vingar a morte de Togodumno. Con todo, Claudio non era militar. O Arco de Claudio di que o emperador recibiu a rendición de once líderes da resistencia britana sen sufrir unha soa perda.<ref>[[wikisource:Arch of Claudius|Arco de Claudio]]</ref> Suetonio di que Claudio recibiu a rendición dos britanos sen estar presente nunha soa batalla.<ref>[//es.wikipedia.org/wiki/Suetonio Suetonio] ''Las vidas de los doce césares, Vida de Claudio'' [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Suetonius/12Caesars/Claudius*.html#17 17]</ref> É probable que os catuvellaunos estivesen xa ó bordo da derrota pola habilidade militar de Plautio, o que permitiu a Claudio aparecer como o vencedor na marcha final sobre Camulodunum. Dión Casio relata que Claudio trouxo das afastadas rexións do Imperio [[Elefante de guerra|elefantes de guerra]], (aínda que non se descubriron restos deles en [[Gran Bretaña]]), e armamento pesado que impediu ununha novonova repunta dos insurxentes nativos. Once líderes do sueste de Britania rendéronse ó emperador, e este regresou a Roma xunto a Camuloduno para celebrar a súa vitoria. Carataco pola súa banda escapou e continuou resistindo ós invasores dende o afastado oeste. En conmemoración da vitoria de Claudio, o fillo do emperador, Claudio Tiberio Xermánico foi recompensado co título honorífico de ''Británico''.
 
== Anos 44 - 60 ==