Interferómetro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 6:
O esquema máis sinxelo e paradigmático atópase no [[interferómetro de Michelson]] (ou Michelson-Morley). Consiste nunha fonte monocromática (sexa de ondas electromagnéticas ou materiais), un espello semitransparente (tamén chamado [[divisor de feixe]]) que divide en dous brazos perpendiculares o feixe de ondas, que á súa vez rematan en cadanseu espello. Así, os feixes resultantes propáganse polo seu propio camiño ata que voltan ao divisor de feixe, onde se recombinan e interfiren na direción perpendicular que aínda fica libre. O dito pódese ollar na figura.
 
[[Image:Imaxe_interferómetro_MichelsonImaxe_Interferómetro_Michelson.png|right]]
 
Así se estes dous camiños difiren por un número enteiro (0,1,2,3...) de longuras de onda, observarase [[interferencia]] construtiva e daquela un sinal máis forte, se pola contra esta diferenza é dun número semienteiro de longuras de onda (0.5,1.5,2.5,3.5,...) a interferencia será destrutiva e o sinal será máis feble.