Senegal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
corrixo lingua
Liña 136:
[[Ficheiro:SenegalStreet.jpg|dereita|miniatura|Vendedores rueiros.]]
 
En xaneiro de [[1994]], o Senegal emprendeu un ambicioso programa de reforma económica co apoio da comunidade de doantes internacionais. Esta reforma comezou cun 50% de depreciación da moeda do Senegal, o [[franco CFA]], que foi vinculado a unha taxa fixa ao antigo [[franco francés]], e agora ao [[euro]]. Os controis de prezos e as subvencións do goberno foron desmanteladas a ritmo constante. Logo de ver contraer o seu [[economía]] un 2,1% en [[1993]], Senegal fixo ununha importante repunta, grazas ao programa de reforma, cun crecemento real no [[Produto Interno Bruto|PIB]] dun 5% anual durante [[1995]]-[[2001]]. A [[inflación]] anual foi reducida a menos dun 1%, pero creceu a un estimado 3,3% en [[2001]]. O investimento creceu a ritmo constante do 13,8% do [[PIB]] en [[1993]], ao 16,5% en [[1997]].
 
Como un membro da [[Unión Económica e Monetaria da África do Oeste]] (UEMOA), o Senegal está traballando cara a unha maior integración rexional cun [[arancel]] externo unificado. O país tamén realizou unha completa conectividade con [[Internet]] en [[1996]], creando un miniboom nos servizos baseados nas [[tecnoloxías da información]]. A actividade privada agora conta un 82 % do [[PIB]]. Na parte negativa, p Senegal enfróntase a problemas urbanos profundamente arraigados de [[desemprego]] crónico, disparidade socioeconómica, delincuencia xuvenil e [[drogadicción]].