Parotidite epidémica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 19:
 
== Epidemioloxía ==
É unha doenza viral poliglandular, común na infancia, pero non exenta de presentarse na idade adulta, nese caso caracterízase por producir inflamación das glándulas parótidas (principalmente, aínda que afecta outras glándulas do corpo).<ref name="Davis2010">{{Cita publicación periódica|título=The increasing incidence of mumps orchitis: a comprehensive review|número=8|doi=10.1111/j.1464-410X.2009.09148.x|PMID=20070300|volume=105}}</ref> Antes da introdución da vacinación universal, a parotidite era unha enfermidade que unha vez foi endémica en todo o mundo, afectaba á maioría dos nenos entre 2 e 15 anos de vida, con aproximadamente un 90% de adultos novos cunha seroloxía positiva.<ref>Galazka AM, Robertson SE, Kraigher A, [http://whqlibdoc.who.int/bulletin/1999/Vol77-No1/bulletin_1999_77(1)_3-14.pdf ''Mumps and mumps vaccine: a global review''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20131002115849/http://whqlibdoc.who.int/bulletin/1999/Vol77-No1/bulletin_1999_77(1)_3-14.pdf |date=02 de outubro de 2013 }}, Bull World Health Organ, 1999;77:3-14</ref> Dende a introdución da [[vacina]], a incidencia diminuíu bruscamente con só ocasionais brotesgromos da enfermidade en Latinoamérica. No presente, a súa incidencia aumenta a finais do [[inverno]] e durante a [[primavera]] en [[Clima temperado|climas tépedos]], en particular entre institucións de acollida colectiva de nenos, como as gardarías. Cun período de incubación de 14-21 días, sendo máis contaxiosa uns 4 días antes da inflamación visible das parótidas. Transmítese por contacto con pingas de [[saliva]] no aire procedentes dun individuo infectado e, en menor medida, a infección pode propagarse a través dos [[Urina|ouriños]].
 
A vacinación eliminou practicamente as formas da infancia e, paradoxalmente, aumentou o número de casos en adultos novos que a miúdo reciben a vacinación de maneira incompleta (sen a dose de recordo), pero ás veces por administración incorrecta.<ref>Dayan GH, Quinlisk P, Parker AA, [358:1580-1589 ''Recent resurgence of mumps in the United States''], New Eng J Med, 2008;358:1580-1589</ref>