Golpe de Estado en Tailandia en 2006: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 268:
=== Evolución xeral da economía tailandesa ===
[[Ficheiro:RODRIGO RATO RT-8 01.JPG|miniatura|180px|[[Rodrigo Rato]], Director do [[Fondo Monetario Internacional]], declarou desde [[Singapur]] unha moderada preocupación sobre o impacto do golpe de estado na economía da zona.]]
A [[Bolsa de valores de Tailandia]] abriu a sesión do día 21 de setembro con fortes perdas que alcanzaron o 4,2%, aínda que pouco despois reducíanse á metade. No peche da xornada a baixada só supuxo un 1,4%. O indicador SET da bolsa tailandesa descendeu de novo un 0,29% ao inicio da sesión do luns, [[25 de setembro]], para pechar ao final do día cunha subida dun 0,74%, o que constituíu o primeiro repunterepunta da bolsa tailandesa desde o golpe de estado.<ref>{{es}} [https://archive.is/20120629103052/actualidad.terra.es/nacional/articulo/jornada_bursatil_comienza_tendencia_baja_1104449.htm ''Jornada bursátil comienza con tendencia a la baja''], ''Terra Actualidad'', 25 de setembro de 2006. Consultado o 14 de setembro de 2011.</ref><ref>{{es}} [https://archive.is/20120629103052/actualidad.terra.es/nacional/articulo/cierres_eeuu_alcistas_sesion_espera_1105142.htm ''Cierres alcistas en sesión de espera a datos económicos de EEUU''], ''Terra Actualidad'', 26 de setembro de 2006. Consultado o 14 de setembro de 2011.</ref> Durante o golpe de estado de febreiro de 1991, o índice da bolsa tailandesa baixou un 7,3% o primeiro día, chegando ao 24% dous meses máis tarde.<ref>{{en}} [http://www.bloomberg.com/apps/news?pid=20601080&sid=aQplxyAmBLlg&refer=asia ''Thai Stocks Escape Rout After Coup; Thaksin-Linked Shares Slide''], ''Bloomerg.com'', 23 de setembro de 2006. Consultado o 14 de setembro de 2011.</ref>
 
Segundo as previsións anunciadas polo Banco Central de Tailandia o día 24 de setembro, a economía do país diminuiría o seu crecemento no cuarto trimestre do ano a causa da incerteza provocada polo golpe de estado. Tamén se prevía un alto grao de volatilidade da moeda local a curto prazo. Non obstante, os distintos informes públicos e privados consideraron que no 2007 se produciría unha recuperación. A Comisión Económica e Social para Asia Pacífico (UNESCAP), axencia da [[ONU]], fixo unha estimación de crecemento do 4,7% para o país no 2007 se se mantiña a estabilidade política, segundo informe feito público o 29 de setembro.<ref>{{es}} [https://archive.is/20120629103053/actualidad.terra.es/internacional/articulo/tailandia_onu_golpe_militar_no_1115745.htm ''El golpe militar en Tailandia no ha afectado a su economía, según la ONU''], ''Terra Actualidad'', 29 de novembro de 2006. Consultado o 14 de setembro 2011.</ref>