Interferómetro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
==Interferómetro==
Un '''interferómetro''' é un instrumento cuxo funcionamento se basea no carácter ondulatorio das ondas electromagnéticas, e é o tipo de trebello co cal se realiza interferometría. Emprega o principio de interferencia de dúas ou máis ondas, que se pode visualizar fixándose nos casos extremos: cando dúas ondas coinciden nun mesmo ponto e coa mesma [[fase]] refórzanse, amplificando a [[vibración]], porén cando o fanefan nen oposición de fase destrúense, atenuando a vibración.
Inicialmente os máis dos interferómetros construíronse con fontes de luz branca (como no [[experimento da dobre fenda|experimento da dobre fenda de Young]] de 1805). Nos nosos días, e especialmente desde a invención do [[láser]] no anos 60, as fontes de luz son maiormente [Monocromático|monocromáticas]].
Os máis recentes avanzos en interferómetros achámolos na construción de interferómetros baseados no carácter ondulatorio da materia (non da sondas electromagnéticas), existindo xa o [[interferómetro de electróns]], o [[interferómetro de neutróns]], e desde os 90 incluso o [[interferómetro atómico]]; non está aínda moi claro o máximo tamaño de partícula posíbel para a realización da [[interferometría]].
 
O esquema máis sinxelo e paradigmático atópase no [[interferómetro de Michelson]] (ou Michelson-Morley). Consiste nunha fonte monocromática (sexa de ondas electromagnéticas ou materiais), un espello semitransparente (tamén chamado [[divisor de feixe]]) que divide en dous brazos perpendiculares o feixe de ondas, que á súa vez rematan en cadanseu espello. Así, os feixes resultantes propáganse polo seu propio camiño ata que voltan ao divisor de feixe, onde se recombinan e interfiren na direción perpendicular que aínda fica libre. O dito pódese ollar na.
Liña 10:
Así se estes dous camiños difiren por un número enteiro (0,1,2,3...) de longuras de onda, observarase [[interferencia]] construtiva e daquela un sinal máis forte, se pola contra esta diferenza é dun número semienteiro de longuras de onda (0.5,1.5,2.5,3.5,...) a interferencia será destrutiva e o sinal será máis feble.
 
Este interferómetro marcou un fito da física, cando foi empregado para verificar a [[teoría do éter]] pola cal a luz debería presentar diferenzas na súa velocidade dependendo da dirección de propagación (a favor da de translación da terra ou en contra). Máis o que realmente fixo foi refutala, poñendo un dos máis firmes cimentos da [[teoría da relatividade]] ao por en evidencia a constancia da [[velocidade da luz]], e a súa independencia respecto do sistema de referencia elixido.
 
Existen moitos outros esquemas de interferómetros con diferentes xeometriás, aínda que empregan todos o mesmo principio: a interferencia de ondas. Entre eles destacan especialmente, o [[interferómetro de Mach-Zehnder]], o [[interferómetro de Sagnac]] ou o [[interferómetro Fabry-Perot]].