Elba (pastora): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Elba é o nome que recibe o cráneo dunha muller duns 9.300 anos de antigüidade<ref>{{Cita novas|data=08/11/2018|título=Así foi a agonía de Elba hai 9.300 anos|url=https://www..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de xullo de 2020 ás 09:36

Elba é o nome que recibe o cráneo dunha muller duns 9.300 anos de antigüidade[1]. Atopouse na cova de Chan de Lindeiro, na parroquia de Zanfoga, no concello de Pedrafita do Cebreiro. Son os restos humanos máis antigos atopados en Galiza.

Descubrimento

O cráneo foi atopado en 1996 no fondo da cova, a uns vinte metros de profundidade. En sucesivas campañas arqueolóxicas recuperáronse tamén restos de animais, entre eles tres uros e un oso das cavernas.

As conclusións científicas

A análise do cráneo revelou unha antigüidade duns 9300 anos. Elba medía arredor dun metro e medio e no momento da morte tiña entre 20 e 40 anos. Os tres uros estaban no mesmo estrato que Elba, do que se deduce que formaban parte dun rabaño que a muller pastoreaba.

Referencias

  1. "Así foi a agonía de Elba hai 9.300 anos". GCiencia. 08/11/2018. Consultado o 30/07/2020.