Diferenzas entre revisións de «Umar ibn al-Khattab»

m
→‎Conquistas: monofisismo
m
m (→‎Conquistas: monofisismo)
Umar preparou o gran salto do islam alén da Península arábiga. Pobos mercenarios de persas e bizantinos foron convertidos ao Islam e constituíron unha quinta columna esencial na derrota dos imperios máis formidables do momento. O [[Imperio Bizantino]] e o [[Imperio Sasánida]], acababan de saír esgotados dunha guerra á morte.<ref>''Early caliphate'', Muhammad Ali, Muḥammad Yaʻqūb K̲h̲ān page 85</ref>
 
O [[Imperio bizantino]], ademais, arrastraba unha crise de lexitimación da autoridade de [[Constantinopla]], debido á división das Igrexas cristiás. A [[Igrexa Siríaca]], a [[Igrexa ortodoxa copta]] mantiñan o seu predominio nos patriarcados de [[Antioquía]] e [[Alexandría]] gobernando sobre unha maioría [[monofisismo|monofisita]] que non aceptaba a autoridade de Bizancio fiel a súa propia [[Igrexa ortodoxa]] e ao [[Concilio de Calcedonia]]. Os monofisitas, marxinados e por veces perseguidos, no verían con malos ollos un novo liderado político estranxeiro que os aliviase da presión bizantina.<ref>{{Cita libro|last=Madelung |first=Wilferd |title=[[The Succession to Muhammad (book)|The Succession to Muhammad]] |publisher=Cambridge University Press|year=1997|page=43}}</ref>
 
O [[Imperio sasánida]], á súa vez, ficaba asolagado nunha permanente crise política cunha sucesión de [[xa]]s moi fugaz e inestable.
105.581

edicións