Antón Santamarina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 23:
Xa en [[1971]], xunto a [[Guillermo Rojo]], [[Ramón Lorenzo]] e [[José Luis Couceiro]], publicou os libros de texto ''Galego 1, 2'' e ''3'' (1971-1974). Neste último ano comezou a dirixi-la revista ''Verba. Anuario galego de Filoloxía'', desde o primeiro número ata o nº 13, en [[1986]], data na que pasou a se-lo Secretario desta publicación.
 
Participou en numerosas obras colectivas fundamentais na fixación do estándar e na pescuda lexicográfica e etnolingüística galega. Así, participou na elaboración da primeira edición das ''[[Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego]]'' ([[1982]]); coescribiu o ''[[Cancioneiro popular galego]]'' que elaborou con [[Dorothé Schubarth]]<ref>[https://web.archive.org/web/20131005105842/http://www.fundacionbarrie.org/cancioneiro/ ''Cancioneiro Popular Galego''] (Fundación Barrié)</ref>; colaborou e dirixiu o ''[[Atlas lingüístico galego]]'' ([[1987]]-[[2003]]); coordinou, xunto a [[Constantino García]], o ''[[Diccionario da lingua galega]]'' editado pola [[Real Academia Galega]]-[[Instituto da Lingua Galega]] ([[1990]]); e foi coordinador, xunto a [[Manuel González González]], do ''[[VOLG|Vocabulario ortográfico da lingua galega]]'' (VOLGa), editado tamén pola Real Academia Galega-Instituto da Lingua Galega en [[2004]] <ref>Sen esquecer a súa dirección na versión anterior do VOLGa, inédita e que circulara anos atrás como fotocopia en mans de tódolos que traballaban na lingüística en Galicia.</ref>.
 
Desde [[1986]] dirixe desde o ILG o [[TILG|Tesouro Informatizado da Lingua Galega]], unha base de datos con máis de once millóns (11&nbsp;409&nbsp;358 en novembro de 2007) de rexistros extraídos de textos publicados desde [[1612]] á actualidade.
Liña 34:
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
* [https://web.archive.org/web/20131005105842/http://www.fundacionbarrie.org/cancioneiro/ ''Cancioneiro Popular Galego''] (Fundación Barrié)
 
{{Membros de número da Real Academia Galega}}