Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Bot: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/>
Liña 53:
 
== Outros datos ==
A presentación da longametraxe tivo lugar no [[IES Eusebio da Guarda|Instituto coruñés de Ensinanza Secundaria ''Eusebio da Guarda'']] ante centenares de estudantes, porque a [[Xunta de Galicia]], a través da [[Secretaría Xeral de Igualdade]], apoiarase na figura da escritora para editar diverso material didáctico que afonde nos valores da igualdade, dos que a Pardo Bazán foi unha pioneira defensora. A directora de [[TVG]], [[Rosa Vilas]], destacou na presentación que laa película quere contribuír á recuperación da biografía da coruñesa, "comprometida coa súa obra na loita feminista" e no recoñecemento de valores fundamentais como a igualdade entre os sexos na creación literaria. "É unha película para o gran público, para rescatar unha figura que fixo de todo a pesar de ser muller, sen deixar de ser muller e reivindicando a súa condición de muller", puntualizou Vilas. Pola súa parte, a secretaria xeral de Igualdade, [[Marta González Vázquez]], engadiu que a película salda unha "débeda histórica" con Pardo Bazán pola loita que desempeñou a favor das mulleres en tempos de adversidade.
 
Emitiuse na [[TVG]] o [[10 de abril]] de [[2012]], ás 22:35 horas. A produción contou coa colaboración de varias televisións autonómicas, e proximamente será emitida por [[Telemadrid]], [[Canal Sur]], [[ETB]] e [[Ràdio Televisió Valenciana|Canal 9]].