Clara Ponsatí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
Publicou diversos artigos académicos en revistas internacionais de teoría e investigación económica tales como o ''Journal of Public Economic Theory'', ''Games and Economic Behavior'', ''Social Choice and Welfare'', ''Journal of Economic Theory'', ''International Journal of Industrial Organization'', ''Economica'' ou ''Economics Letters''.
=== Actividade política ===
Durante a súa mocidade formou parte da Joventut Comunista de Catalunya e en 1979 entrou a militar no [[Partit Socialista Unificat de Catalunya]] <ref name="LV"/> pero logo mantívose fóra de toda actividade política pública ata a segunda década do século XXI cando apoiou publicamente o dereito de decidir. En 2014 apareceu no documental sobre o independentismo ''L'endemà'' de [[Isona Passola]]. Nas [[eleccións ao Parlamento de Cataluña 2015|eleccións catalás de 2015]] foi como suplente pola circunscrición de Barcelona na lista de [[Junts pel Sí]]<ref>{{cita novas|url=https://cat.elpais.com/cat/2017/07/14/catalunya/1500025936_318053.html|título=Clara Ponsatí, una economista de l’ANC per pilotar Ensenyament|xornal=El País|data=14 de xullo de 2017}}</ref>. En maio de 2016 entrou a formar parte do secretariado nacional da [[Assemblea Nacional Catalana]], aliñada co sector crítico da organización<ref>{{cita web|url=https://www.elcritic.cat/noticies/dotze-noms-clau-del-nou-secretariat-de-lanc-del-cercle-catala-de-negocis-a-lesquerra-indepe-11013|título=Dotze noms clau del nou secretariat de l’ANC: del Cercle Català de Negocis a l’esquerra ‘indepe’ |páxina-web= El Crític|data=25 de maio de 2016}}</ref> permaneceu no posto ata o 17 xullo de 2017 ao asumir a consellería de ensinanza da [[Generalitat de Cataluña]] logo da cesación de [[Meritxell Ruiz]] e outros dous conselleiros reticentes a asumiren as consecuencias dun [[Referendo sobre a independencia de Cataluña de 2017|referendo unilateral de independencia]]<ref>{{cita novas|url=https://www.ara.cat/politica/puigdemont-junqueras-anuncien-canvis-govern-referendum_0_1832216861.html|título=Puigdemont relleva quatre càrrecs per esvair els dubtes sobre l'1-O|xornal= Ara|data=15 de xullo de 2017}}</ref>. Ponsatí colocouse á fronte dun departamento que tiña un papel importante no preparativo do referendo ao localizarense os colexios electores en establecementos de ensino. Tras a celebración do referendo o 1 de outubro e como consecuencia da aplicación do [[Artigo 155 da Constitución española de 1978|artigo 155 da Constitución española]] o goberno español interviu o 27 de outubro a autonomía catalá e procedeu, entre outras medidas, á cesación dos conselleiros da Generalitat. Ponsatí e outros membros do goberno marcharon a un exilio autoimposto<ref>{{cita web|url=https://www.bbc.com/news/world-europe-42451100|título=Catalonia election: Puigdemont calls for talks with Spain|páxina-web=BBC|data=22 de decembro de 2017}}</ref> en [[Bruxelas]] o 30 de outubro
== Notas ==
{{Listaref}}