Boutros Boutros-Ghali: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
En uso
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{en uso}}
{{biografía}}
'''Boutros Boutros-Ghali''' (en [[Lingua árabe|árabe]]: بطرس بطرس-غالي [Buṭrus Buṭrus-Gālī]; en {{Lang-cop|Ⲡⲉⲧⲣⲟⲥ Ⲡⲉⲧⲣⲟⲥ-Ⲅⲁⲗⲓ}}), nado no [[O Cairo|Cairo]] o [[14 de novembro]] de [[1922]] e finado na mesma cidade o [[16 de febreiro]] de [[2016]], foi un [[diplomático]] [[Exipto|exipcio]], [[Secretariado das Nacións Unidas|secretario xeral]] das [[Organización das Nacións Unidas|Nacións Unidas]] entre de 1992 e decembro de 1996.<ref name=":0">[http://internacional.elpais.com/internacional/2016/02/16/actualidad/1455637665_661495.html Muere el ex secretario general de la ONU Butros-Gali - El País]</ref>
 
== Traxectoria ==
Boutros-Ghali naceu no seo dunha familia [[Igrexa ortodoxa copta|cristiá copta]].<ref>[http://www.notablebiographies.com/Be-Br/Boutros-Ghali-Boutros.html Boutros Boutros-Ghali Biography], ''Encyclopedia of World Biography''</ref> O seu avó [[Boutros Ghali]] (1846-1910) foi primeiro ministro de [[Exipto]].
 
Tras graduarse en Economía pola [[Universidade do Cairo]] en 1946,<ref name="washingtonpost20160216">{{Cita novas|title = Boutros Boutros-Ghali, U.N. secretary general who clashed with U.S., dies at 93|url = https://www.washingtonpost.com/world/boutros-boutros-ghali-un-secretary-general-who-clashed-with-us-dies-at-93/2016/02/16/8b727bb8-d4c1-11e5-be55-2cc3c1e4b76b_story.html|newspaper = The Washington Post|date = 2016-02-16|access-date = 2016-02-16|issn = 0190-8286|language = en|first = John M.|last = Goshko}}</ref> obtivo un doutoramento en [[dereito internacional]] pola [[Universidade de París]]. Despois diplomouse en [[relacións internacionais]] no [[Instituto de Estudos Políticos de París]] no ano 1949. Ese mesmo ano foi nomeado profesor de Dereito Internacional e Relacións Internacionais na Universidade do Cairo, posición que ocupou ata 1977.
 
Entre outros cargos ocupados por Boutros-Ghali, cómpre citar a presidencia do Centro de Estudos Políticos e Estratéxicos en 1975 e a da Sociedade Africana de Estudos Políticos en 1980. Entre os anos 1954 e 1955, obtivo unaunha [[Programa Fulbright|bolsa Fulbright]] pairapara investigar na [[Universidade de Columbia]]. En 1963, foi director do Centro de Investigación da [[Academia da Haia de Dereito Internacional]], mentres que entre 1967 e 1968 foi profesor visitante da Facultade de Dereito da [[Sorbona]].
 
Tras ocupar o cargo de ministro de relacións exteriores de Exipto entre 1977 e principios de 1991, foi nomeado viceprimeiro ministro, posición que exerceu durante algúns meses antes de partir cara ás [[Nacións Unidas]]. Durante o período en que Boutros-Ghali ocupou o cargo de ministro de Relacións Exteriores, desempeñou un papel clave nas negociacións de paz entre o entón presidente exipcio [[Anwar el-Sadat]] e o primeiro ministro [[Israel|israelí]] [[Menachem Begin]].
 
== Secretario xeral das Nacións Unidas (1992-1996) ==
Mentres Boutros-Ghali ocupou o cargo de [[Secretariado das Nacións Unidas|secretario]] das [[Nacións Unidas]], a partir de 1992, a súa xestión estivo envolvida na controversia. Foi duramente criticado trala inacción da ONU durante o [[xenocidio de Ruanda]] de 1994, que se cobrou 800 &nbsp;000 vítimas, á vez que non logrou xuntar apoio internacional para a intervención na [[Guerra civil angolana|guerra civil de Angola]]. A reputación do secretario viuse afectada por discusións sobre a efectividade das Nacións Unidas e o papel que xogaban os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] no organismo. Para os seus detractores, Boutros-Ghali simbolizou a incapacidade da ONU para intervir nas crises humanas, mentres que os seus defensores sempre sostiveron que os Estados Unidos foron os que non deixaron actuar o organismo internacional. Algunhas organizacións dos Estados Unidos acusaron a Boutros-Ghali de querer impor un goberno mundial tiránico, dominado polas Nacións Unidas.
 
En 1996, dez membros do Consello de Seguridade (liderados por Exipto, [[Guinea-Bissau]] e [[Botswana]]) presentaron unha resolución de apoio a un eventual segundo mandato do diplomático exipcio. No entanto, devandito mandato foi vetado polos Estados Unidos. Doutra banda, o [[Reino Unido]], [[Polonia]], [[Corea do Sur]] e [[Italia]] tampouco deron o seu apoio á citada resolución, aínda que votaron a favor unha vez que transcendeu a intención dos Estados Unidos de vetala. Boutros-Ghali non foi o primeiro secretario xeral da ONU en ser vetado, aínda que si foi o primeiro en non permanecer no cargo para un segundo período.
Liña 21:
Entre os anos 1997 e 2002, Boutros-Ghali foi secretario xeral da [[Francofonía]].
 
Boutros-Ghali faleceu o 16 de febreiro de 2016 nun hospital do Cairo logo de ser ingresado uns días antes por unha fractura de pelvis.<ref name=":0">[http://internacional.elpais.com/internacional/2016/02/16/actualidad/1455637665_661495.html Muere el ex secretario general de la ONU Butros-Gali - El País] {{es}}</ref>
 
{{Sucesión|título=[[Ficheiro:UN emblem blue.svg|25px]]<br />6°. [[SecretaríaSecretariado Xeal das Nacións Unidas|Secretario xeral]] das [[Nacións Unidas]]|período=1°. de xaneiro de 1992 - 31 de decembro de 1996|predecesor=[[Javier Pérez de Cuéllar]]|sucesor=[[Kofi Annan]]}}
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Burgess, Stephen Franklin. ''The United Nations under Boutros Boutros-Ghali, 1992-1997'' (Gale Biographical Index Series, 2001).
* {{cita publicación periódica|last=Goldschmidt|first=Arthur|year=1993|title=The Butrus Ghali Family|journal=Journal of the American Research Center in Egypt|volume=30|pages=183–188|issn=0065-9991|doi=10.2307/40000236|jstor=40000236}}
* Rushton, Simon. "The UN Secretary-General and norm entrepreneurship: Boutros Boutros-Ghali and democracy promotion." ''Global governance// 14 (2008): 95+.
 
{{Control de autoridades}}