Clara Ponsatí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
todo o artigo colle datos, frases, referencias das wikipedias en francés, catalán, castelán e inglés modificados cando cadra polas propias referencias
Liña 7:
 
=== Actividade académica ===
Clara licenciouse en economía na [[Universidade de Barcelona]] en 1980 e realizou o mestrado na [[Universidade Autónoma de Barcelona]] (UAB) (1982) e doutorouse en 1988 na [[Universidade de Minnesota]] coa tese ''Incomplete Information Two Person Bargaining with a Finite Set of Posible Agreements''<ref>{{cita web|url=http://www.iae.csic.es/investigatorsMaterial/a16173135548cv9158.pdf|título=CV Clara Ponsatí School of Economics and Finance University of St Andrews|}}</ref>. Unha especialista na teoría de xogos e economía pública, con interese na negociaión e a resolución de conflitos.<ref name=":0">{{cita novas|título=Clara Ponsatí, de la ANC al Govern pasando por Georgetown|url= http://www.lavanguardia.com/politica/20170714/424109715670/clara-ponsati.html| data=14 de xullo de 2017|xornal=La Vanguardia}}</ref> Nos Estados Unidos de clases na Universidade de Minnesota no curso 1986/87 e en 1989 volveu a Barcelona como profesora na UAB<ref name="LV">{{cita novas|url=https://www.lavanguardia.com/politica/20170805/43328310273/ponsati.html|título=L’economista que ve d’Escòcia en vigílies de l’1-O|xornal=La Vanguardia|data=5 de agosto de 2017}}</ref> con interrupcións para exercer como profesora visitante nas Universidades de [[Universidade de California en San Diego|California en San Diego]] (1993/94) e [[Universidade de Toronto|Toronto]] (2000/01). En 2001 incorpourose como investigadora ao Institut d’Anàlisi Econòmica (IAE) do [[CSIC]] e foi a súa directora entre 2006 e 2012. No curso 2012/13 foi profesora visitante da cátedra Príncipe de Asturias da [[Universidade de Georgetown]]. En 2013 o ministro de educación e cultura do goberno español, [[José Manuel García-Margallo]], recoñeceu en sede parlamentaria que a súa non renovación fora unha decisión política pola postura favorable de Ponsatí ao dereito de decidir en Cataluña<ref>{{cita web|url=https://www.naciodigital.cat/noticia/54541/margallo/reconeix/va/cessar/ponsati/sobiranista|título=Margallo reconeix que va cessar Ponsatí per sobiranista|páxina-web=NacioDigital|data= 8 de maio de 2013}}</ref>. De volta a Cataluña exerceu como profesora-investigadora de novo no IAE ata xaneiro de 2016 cando a [[Universidade de St Andrews]] en [[Escocia]] nomeouna profesora e directora da súa escola de economía.
Publicou diversos artigos académicos en revistas internacionais de teoría e investigación económica tales como o ''Journal of Public Economic Theory'', ''Games and Economic Behavior'', ''Social Choice and Welfare'', ''Journal of Economic Theory'', ''International Journal of Industrial Organization'', ''Economica'' ou ''Economics Letters''.
=== Actividade política ===
Durante a súa mocidade formou parte da Joventut Comunista de Catalunya e en 1979 entrou a militar no [[Partit Socialista Unificat de Catalunya]] <ref name="LV"/>
 
== Notas ==