Diferenzas entre revisións de «Federación Española de Rugby»

sen resumo de edición
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
Trala fundación dos primeiros clubs de rugby en Cataluña a comezos da década dos anos 20, foi creada a Federación Catalá de Rugby. De seguido ocorreu o mesmo en Castela, e xurdiu a necesidade de fundar unha federación a nivel nacional para organizar un [[Copa do Rei de Rugby|Campionato de España]] entre os diversos campións rexionais. Deste xeito, a "FER" naceu o [[1 de agosto]] de [[1923]]. En [[1934]] integrouse na [[Federación Internacional de Rugby Afeccionado|FIRA]], e en [[1988]] entrou na [[International Rugby Board|IRB]].
 
Dende [[2014]] está presidida por [[Alfonso Feijoo García]], que foi reelexido en [[2016]] e [[2020]].
== Presidentes ==
Fundada en Barcelona en 1923, o primeiro comité directivo da ''Federación Nacional de Football-Rugby'' estivo presidido por Baldiri Aleu, persoeiro introductor deste deporte en España e fundador en 1921 do primeiro club do país, a [[Unió Esportiva Santboiana]]. Esa entidade organizou o primeiro [[Copa do Rei de Rugby|Campionato de España de Rugby]] cuxa final tivo lugar o 13 de maio de 1926 no terreo de xogo do club decano. Baixo a Federación Nacional estaban a ''Federación Catalana'' e a ''Federación Centro''. A comezos de 1927 a ''Federación Centro'' pasou a ser a ''Unión Española de Rugby'' presidida por Enrique Gutiérrez, funcionando paralelamente á ''Federación Nacional'', co obxectivo principal de organizar o primeiro encontro internacional da [[Selección de rugby de España]], que se enfrontou a Francia o 26 de maio dese ano 1927 en Madrid, sendo Enrique Gutiérrez o seleccionador. A ''Federación'' Nacional non reconoceu a aquel equipo como unha verdadeira selección nacional, sendo certo que tódolos xogadores agás un eran de equipos de Madrid. Finalmente, en xaneiro de 1928 as dúas entidades (''Federación Nacional'' e ''Unión Española'') se fusionaron formando a actual ''Federación Española'', ficando Enrique Gutiérrez na presidencia.
11.330

edicións