Gustav Stresemann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 25:
== Traxectoria ==
 
Figura ineludible da [[República de Weimar]], permitiu a Alemaña recobrar o peso diplomático e económico perdido trala [[Primeira Guerra Mundial]] mediante a posta en práctica dunha política pragmática. Esta política, onde os compromisos tiveron unha importante presenza, non foi unicamente a costa dos intereses alemáns. A cada concesión alemá correspondeu un avance diplomático ou económico. Tras controlar a hiperinflación que ameazaba a existencia mesma de Alemaña, Stresemann encarou outros problemas como a [[ocupación do Ruhr]] polos exércitos francés e belga, as reparacións de guerra ou a cuestión fronterizafronteiriza latente desde o [[tratado de Versalles]].
 
A índole pragmática da súa política atraeulle moitos inimigos, sendo abandonado por unha gran parte da clase política coa que Stresemann tivo que lidar. Xunto a [[Aristide Briand]], foi o artífice da aproximación franco-alemá e de numerosos cambios diplomáticos en Europa, o que lles valeu a ambos a concesión do [[premio Nobel da Paz]]. Con todo, esta aproximación detívose coa morte de Stresseman, perdendo a [[República de Weimar]] a un dos seus últimos defensores.