Estado de agregación da materia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Traduzo introdución de en.wiki
Liña 1:
{{1000}}
[[Ficheiro:Phase change - gl.svg|miniatura|dereita|300px|Este diagrama mostra a nomenclatura das diferentes transicións de fase.]]
[[Ficheiro:Four Fundamental States of Matter.png|miniatura|370px|Os catro estados da materia comúns. No sentido das agullas do reloxo: sólido (unha escultura de xeo), líquido (unha gota de auga), plasma (arco eléctrico dun [[transformador Tesla]]) e gas (aire arredor das nubes).]]
Os '''estados da materia''' son as diferentes fases polas que a [[materia]] pasa segundo as condicións do medio no que se atope. Esta distinción faise baseándose nas diferentes propiedades que adopta. Deste xeito, existen tres estados principais: sólido, líquido e gasoso. Non obstante, máis recentemente fíxose unha clasificación máis detallada onde entraba tamén o estado [[Plasma (estado da materia)|plasmático]], un gas altamente [[ion]]izado que existe a altas temperaturas; as forzas intermoleculares creadas polas atraccións e repulsións iónicas confírenlle unha composición con propiedades diferenciadas, razón pola cal o plasma se considera o cuarto estado da materia.
En [[física]], un '''estado de agregación da materia''' é cada unha das diferentes formas en que a [[materia]] pode existir. Hai catro estados observables da materia na vida cotiá: [[sólido]], [[líquido]], [[gas]] e [[plasma (estado da materia)|plasma]]. Sábese que existen moitos estados intermedios, como o [[cristal líquido]], e algún deses estados estados só existen baixo condicións extremas, como o [[condensado de Bose-Einstein]].
 
Historicamente, a distinción está feita en base ás diferenzas cualitativas nas propiedades. A materia en estado sólido mantén un volume e unha forma fixa. No estado líquido manteñen un mesmo volume, mais a forma varía para adaptarse ao recipiente; as partículas mantéñense próximas, mais móvense libremente. A materia en estado gasoso ten volume e forma variable, adaptándose ao recipiente. A materia en estado de plasma ten volume e forma variable e contén átomos neutrais ademais dun número significativo de ións e electróns, ambos movéndose libremente.
 
O vocábulo [[fase (materia)|fase]] emprégase ás veces como sinónimo de estado da materia, mais un sistema pode conter varias fases [[miscibilidade|inmiscibles]] do mesmo estado da materia.
 
== Os catro estados ==