Elastina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Apertada
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1
Liña 32:
As fibras elásticas están compostas de elastina e [[fibrilina]].<ref name="pmid12082143">{{Cita publicación periódica | author = Kielty CM, Sherratt MJ, Shuttleworth CA | title = Elastic fibres | journal = J. Cell. Sci. | volume = 115 | issue = Pt 14 | pages = 2817–28 | year = 2002 | pmid = 12082143 | doi = | url = | issn =}}</ref> A [[biosíntese]] da elastina segue a mesma ruta celular ca o [[coláxeno]]; vai desde o [[retículo endoplasmático]], diríxese ao [[aparato de Golgi]] e desde alí sae en [[vesícula]]s secretoras. Non sofre tantas [[modificación postraducional|modificacións postraducionais]] coma o coláxeno, porén, na [[matriz extracelular]] dáse un cambio importante. A elastina fórmase unindo moitas moléculas solubles de [[tropoelastina]]. Na matriz é captada polas [[microfibrila]]s (constituídas por [[fibrilina]] 1 e fibrilina 2 basicamente) que se encontran asociadas á [[lisil oxidase]] (ou lisil hidroxilase). Este [[encima]] encárgase de hidroxilar a [[lisina]] (utilizando [[vitamina C]] como cosubstrato) permitindo así o enlace entre os dominios alfa da proteína (un proceso similar ao [[entrecruzamento do coláxeno]]). Isto orixina unha matriz proteica masiva e insoluble, con enlaces cruzados duradeiros entre as lisinas. As redes de fibras de elastina están inicialmente nun estado "caótico". A tendencia a aumentar a [[entropía]] fará que, ao aplicarse forza sobre elas, se produza un ordenamento de ditas fibras que atinguen un bo grao de compactación.
 
Aproximadamente o 90% dos seus aminoácidos son de [[cadea lateral]] apolar e existen certas secuencias que se encontran repetidas como VPG, VPGG, GVGVP, IPGVG, VAPGVG. A máis común é a secuencia GVGVP, que aparece en fragmentos que conteñen ata 11 pentapéptidos consecutivos (VPGVG)<sub>11</sub>.<ref>[http://www.dimdima.com/science/science_common/show_science.asp?q_aid=172&q_title=Elastin enlace] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120501122749/http://dimdima.com/Science/science_common/show_science.asp?q_aid=172&q_title=Elastin |date=01 de maio de 2012 }}[http://dx.doi.org/10.1016/S0065-3233(05)70013-9 ''Advances in protein chemistry'','''2005''', 70;437]</ref>
 
Baseados nas secuencias que se encontran repetidas na elastina natural fórmanse os [[polímero]]s tipo-elastina (ELP), dos cales o de maior sona é o poli-(VPGVG).<ref>[http://dx.doi.org/10.1016/j.progpolymsci.2005.07.004''Prog. Polym. Sci.'' '''2005''', 30 (11), 1119-1145 ]</ref>