Hiroshima Toyo Carp: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 28:
En [[1949]], a Liga Xaponesa de Béisbol Profesional decidiu expandirse en dúas ligas separadas. A [[prefectura de Hiroshima]] decidiu fundar un equipo de béisbol como parte do proceso de reconstrución da cidade após a súa [[Bombardeo atómico sobre Hiroshima e Nagasaki|destrución pola bomba atómica]] en [[1945]]. Tras a súa creación, o equipo uniuse en decembro de 1949 á [[Liga Central]] co nome de Hiroshima Carp. O primeiro estadio do club foi construído con fondos do goberno da prefectura. O equipo tiña nos seus comezos unha notábel carencia de medios que, sumada á falta dun patrocinador, impediulle desenvolverse de forma correcta e atraer a mellores xogadores doutros equipos. O adestrador Hideichi Ishimoto tivo que buscar persoalmente á maioría dos xogadores para formar un equipo titular. En consecuencia, o equipo acabou en último lugar nas súas dúas primeiras temporadas. En 1951 a situación económica da franquía empeorou aínda máis, propúxose ou disolver o equipo ou fusionalo cos [[Yokohama DENA BayStars|Taiyo Whales]], equipo con sede en [[Shimonoseki]]. Os cidadáns de Hiroshima mostraron a súa oposición e doaron o diñeiro preciso para manter o equipo.
 
En [[1952]] a Liga Central contaba con sete equipos, o cal facía dificildifícil a elaboración dun calendario coherente para cada equipo. Así, propúxose que calquera equipo que finalizase o campionato cunha porcentaxe de vitorias inferior ao 30% desaparecería ou se fusionaría con outro club. Isto aludía de forma indirecta aos Carp, que acabaron todas as temporadas anteriores en último lugar. Con todo, o equipo acada ese ano 37 vitorias, o que supoñía unha porcentaxe de 31,6%, salvándose así de forma milagrosa. Por contra, os Shochiku Robins quedaron últimos cun 28,8% e tiveron que fusionarse cos Taiyo Whales. Aínda así, o equipo continuou con serios problemas para subsistir, até o punto que en 1953 os xogadores contaban cun único uniforme. Con todo, os Carp lograron sobreporse, e en 1960 conseguiron por primeira vez máis vitorias que derrotas. Tres anos antes, o equipo trasladárase e un novo estadio situado no centro de Hiroshima.
 
En 1968 a empresa Toyo Kogyo (desde 1984 chamada [[Mazda|Mazda Motor Corporation]], aínda que o equipo aínda conserva o antigo nome) converteuse no principal patrocinador do equipo. Así, o nome do equipo mudou a Hiroshima Toyo Carp. Ese mesmo ano o equipo acaba en terceiro lugar por primeira vez na súa historia. Porén, entre 1972 e 1974 os Carp volven ser o pechacancelas da liga. Nese período de tempo, concretamente en 1973, o equipo adopta como cor o vermello, sendo os uniformes completamente resedeseñados. Ademais, o logo do equipo mudeo dunha "H" a unha "C" vermella imitando a dos [[Cincinnati Reds]] da [[Major League Baseball]] (MLB).