Voo 800 de TWA: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 34:
O persoal de mantemento en terra bloqueou a reversa do motor 3 (tratado como un elemento da lista de mínimos) debido a problemas técnicos cos sensores de reversa durante a aterraxe do TWA 881 no JFK, antes da saída do voo 800. Ademais, substituíronse varios cables da reversa do motor 3. Durante a repostaxe, o control de apagado volumétrico (VSO) crese que se disparou antes de que os tanques estivesen cheos. Para continuar a repostaxe a presión, un mecánico de TWA invalidou o VSO automático tirando do fusible volumétrico e dun disruptor de desbordamento. Os rexistros de mantemento indican que o avión tiña numerosos informes relacionados co VSO nas semas previas ao accidente.<ref name="Informe oficial do accidente" />
 
O TWA 800 foi programado para deixar o aeroporto JFK cara París ao redor das 7:00 pm, pero o voo atrasouse ata as 8:02 pm por unha peza do equipo de terra incapacitada e unha incompatibilidade pasaxeiro/equipaxe.<ref name="Informe oficial do accidente" /> Despois de que se confirmase que o dono da equipaxe en cuestión estaba a bordo a tripulación preparouse para saír e o avión fixo ''pushback'' dende a porta 27 do TWA Flight Center. A rodaxe e o despegueengalaxe realizáronse con normalidade.
 
Posteriormente o TWA 800 recibiu unha serie de cambios de rumbo e en xeral se lle asignaron incrementos de altitude ata subir ata a súa altura de cruceiro prevista.<ref name="Informe oficial do accidente" /> O tempo na área era de ventos lixeiros con nubes dispersas e as condicións de luz eran as do solpor.<ref name="Informe oficial do accidente" /> A derradeira transmisión de radio dende o avión foi ás 8:30 pm, cando a tripulación de voo recibiu e despois recoñeceu as instrucións dende o centro de control aéreo de Boston para subir ata os 15 000 pés (4 600 m).<ref name="Cockpit Voice Recorder">{{cita web|título=Group Chairman's Factual Report of Investigation – Cockpit Voice Recorder|url=https://web.archive.org/web/20070614121659/http://www.ntsb.gov/events/TWA800/exhibits/Ex_12A.pdf|editor=NTSB|dataacceso=23 de agosto de 2017}}</ref> Os últimos datos do transpondedor do avión graváronse polo radar da Federal Aviation Administration (FAA) en [[Trevose, Pennsilvania]] ás 8:31:12 pm.<ref name="Informe oficial do accidente" />