Dinastía aqueménida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Fin dos aqueménidas: Imperio Sasánida
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=xullo de 2020}}
A '''dinastía Aqueménida''' foi unha dinastía que gobernou o [[Imperio Persa]], fundada por [[Ciro II]] o Grande, tras vencer ao último rei medo ([[-550|550 a.C]]) e estender o seu dominio pola meseta central de [[Irán]] e gran parte de [[Mesopotamia]]. Os seus sucesores [[Cambises II]] e [[Darío I]] o Grande continuaron a súa obra, e este último reorganizou o imperio en [[Sátrapa|satrapías]], alcanzando o cénit do seu poder. Porén, os sucesivos fracasos ao intentar someter as cidades gregas ([[Guerras Médicas]]) na primeira metade do [[século -V|século V a.C.]], debilitaron o imperio, e aínda o habían facer máis as tendencias secesionistas dalgunhas provincias, ata que a conquista de [[Alexandre Magno]] ([[-331|331 a.C.]]) puxo fin ao imperio aqueménida.
==Ciro==
Ciro desfrutou de ambas as herdanzas iranias (persas e medas). Cando se alzou co poder utilizou precisamente os exércitos medos para continuar as súas conquistas. Levou a cabo unha política de perdón aos reis inimigos, que comezou co seu avó Astiaxes, quen o enviou aos seus exércitos ao percibir as ínfulas independentistas de Ciro. Dise que tampouco non executou ao rei de [[Babilonia]] cando conquistou esa cidade onde restableceu o culto a [[Marduk]] e liberou os [[xudeu]]s do cativerio. En xeral Ciro seguiu a estratexia de deixar as estruturas administrativas dos lugares conquistados, pero someténdoas ao poder imperial.
==Cambises==
Ciro morreu en batalla con tribos nómades preto do [[mar Caspio]], o seu fillo [[Cambises II]] - chamado—chamado igual que o avó-avó—; quen gobernaba [[Babilonia]] por esa data erixiuse en emperador e converteuse nun gobernante tiránico... o imperio comezou a desestabilizarse con revoltas e antes de sufocalas Cambises morreu, segundo algunhas fontes, dunha ferida autoinflixida.
==Darío==
Tras algunhas intrigas o trono foi entregado por fin a Darío, tamén aqueménida. Este sustentou que o suposto herdeiro ao trono- segundo fillo de Ciro- era un impostor medo, pois este fillo de Darío fora eliminado polo seu pai cando partiu á Babilonia temendo que lle usurpase o poder; Darío atreveuse mesmo a publicar isto erixindo unha pedra escrita en tres idiomas -persa antigo, elamita e acadio-.