Conchita Martínez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Marcado como curto de máis usando - Tag (v. 2.1) (Wikipedia:Marcador de artigos curtos)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 5:
Durante a súa carreira, gañou un [[Campionato de Wimbledon]] en [[1994]] e foi finalista en dous [[Grand Slam de tenis|Grand Slam]] máis, no [[Aberto de Australia]] de [[1998]] e no [[Torneo de Roland Garros|Roland Garros]] de [[2000]], todos en categoría individual. Logrou ademais tres medallas en tres [[Xogos Olímpicos]] distintos{{cando}} e coa selección nacional, logrou cinco títulos de [[Fed Cup|Copa Federación]] e cinco subcampionatos.{{cando}}
 
== Traxectoria deportiva ==
{{Control de autoridades}}
=== Inicios ===
Conchita Martínez comezou a destacar desde moi nova. Con 15 anos gañou a medalla de ouro nos [[Xogos Mediterráneos de 1987]], celebrados na localidade [[siria]] de [[Latakia]], ao vencer na final á grega [[Angeliki Kanellopoulou]] por 6-3, 5-7 e 6-1.
 
A aragonesa, xa en júnior, mostrábase moi superior ás súas rivais e a súa estrea no circuíto non se podía demorar. O seu debut no antigo circuíto de Virginia Slims, viviuse en [[Suíza]] en [[1988]], no torneo previo a [[Roland Garros]], e caeu en primeira rolda contra [[Mercedes Paz]]. Nese Roland Garros de [[1988]], primeiro Grand Slam no que tomaba parte, deixou a súa tarxeta de presentación, no que destacou un drive considerado como o mellor do circuíto, ao alcanzar os oitavos de final nunha andaina onde deixara polo camiño a [[Lori McNeil]], situada entre as dez mellores do mundo. O torneo francés converteuse no seu mellor escaparate xa que nas súas seguintes nove participacións sempre alcanzou, polo menos, os cuartos. Meses despois, en [[Sofía, Bulgaria|Sofía]], Conchita conseguía o seu primeiro título como profesional despois de deixar polo camiño a [[Katerina Maleeva]], número 14 da clasificación mundial, e a [[Barbara Paulus]] na final. Era o segundo torneo a nivel internacional que o tenis español sumaba en toda a súa historia despois do conseguido en xullo dese mesmo ano por [[Arantxa Sánchez Vicario]] e é que catalá e aragonesa xa facían albiscar un futuro dourado para o tenis nacional feminino, que ata entón contara coa escasa referencia de [[Lilí Álvarez]].
{{Deporte en progreso}}
 
En [[1989]] sumou tres novos títulos, Wellington, Phoenix e Tampa, onde Conchita conseguía un importante triunfo, ao desfacerse na final de [[Gabriela Sabatini]], número tres do mundo. Ese mesmo ano converteuse na primeira tenista española en disputar o [[Aberto de Australia|Open de Australia]].
 
=== Apoxeo ===
Conchita camiña cara á súa madurez e no ano [[1993]] demóstrao sumando 71 vitorias e ata cinco torneos. No mesmo ano, Conchita converteuse na primeira muller española desde [[Lilí Álvarez]], en [[1928]], en chegar ás semifinais de [[Campionato de Wimbledon|Wimbledon]], onde perdeu contra a alemá [[Steffi Graf]] pof 7-6, 6-3, e gañou o [[Masters de Roma|Aberto de Roma]]. Conchita venceu a Steffi, número un do mundo, por primeira e única vez na súa carreira, nun torneo en [[Filadelfia]] na final. Como curiosidade, cabe destacar que este ano, a banda británica de pop [[Saint Etienne]], dedicoulle no seu segundo álbum ''So tough'' o tema que leva o seu mesmo nome: “Conchita Martínez”.
 
No ano [[1994]], Conchita Martínez converteríase na primeira tenista española (e única ata [[2017]]) en gañar o torneo máis prestixioso do panorama tenístico, [[Campionato de Wimbledon|Wimbledon]], derrotando a [[Martina Navratilova]] na final por 6-4, 3-6 e 6-3<ref>[http://hemeroteca.elmundodeportivo.es/preview/1994/07/03/pagina-35/1286903/pdf.html Histórico! (Primeira parte)]</ref><ref>[http://hemeroteca.elmundodeportivo.es/preview/1994/07/03/pagina-36/1286904/pdf.html Histórico! (Segunda parte)]</ref> A xogadora española alcanzaría a última rolda dun torneo de Grand Slam outras dúas veces, en [[Australia]] (no ano [[1998]])<ref>[http://hemeroteca.elmundodeportivo.es/preview/1998/02/01/pagina-38/383454/pdf.html Non hai maneira</ref><ref>[http://hemeroteca.elmundodeportivo.es/preview/1998/02/01/pagina-39/383455/pdf.html Unha ocasión en 86 minutos]</ref> e en [[Torneo de Roland Garros|Roland Garros]] (no ano [[2000]]).<ref>[http://hemeroteca.elmundodeportivo.es/preview/2000/06/11/pagina-39/696134/pdf.html Non se rende]</ref>
 
No ano [[1995]] alcanzou as semifinais de todos os torneos do Grand Slam e converteuse na número 2 mundial da [[WTA]]. En Wimbledon, Conchita desfíxose de Sabatini en cuartos de final, cun marcador final de 7-5 e 7-6. Pero nas semifinais, [[Arantxa Sánchez Vicario]] derrotou a Conchita por 6-3, 6-7 (5-7) e 6-1. No ano [[1996]] gana de novo o Aberto de Roma, converténdose na única tenista que gaña catro anos consecutivos este torneo.
 
=== Dobrista ===
Ademais do seu rendemento a nivel individual na WTA (na que se mantivo na elite tenística en tres épocas distintas, adaptando o seu xogo ás distintas xeracións e finalizando entre as dez mellores xogadoras do mundo en nove tempadas distintas), Conchita Martínez demostrou tamén a súa capacidade como xogadora de dobres. Nesta modalidade, a tenista conseguiu 13 títulos da WTA e, en compañía de [[Virginia Ruano]], a clasificación para o Masters Feminino no ano 2005, ano no que se situou entre as dez mellores dobristas do mundo. Conchita Martínez competiu con España tanto nos [[Xogos Olímpicos]] como na [[Copa Federación de Tenis|Copa Federación]], conseguindo cinco títulos e tres medallas olímpicas.<ref>[http://www.aragondigital.com/asp/noticia.asp?notid=15277&secid=15 Conchita se tiene que conformar con la plata]</ref>
 
=== Retirada ===
O [[15 de abril]] de [[2006]], Conchita anunciou a súa retirada do circuíto profesional,<ref>[http://www.aragondigital.com/asp/noticia.asp?notid=24554&secid=15 Conchita Martínez abandona el tenis de élite tras una carrera plagada de éxitos]</ref> destacando como fitos na súa carreira, lograr torneos en todas as superficies posibles (33 individuais da WTA), ser a primeira española que gañou medallas en tres Xogos Olímpicos distintos, gañar 71 partidos nunha tempada (1993) e ser a primeira tenista que gaña por un dobre 6-0 a unha xogadora situada entre as dez mellores do mundo.
 
=== Capitá nacional ===
O 26 de xaneiro de 2013 foi elixida capitá do equipo español de [[Fed Cup]]. O 5 de xullo de 2015, foi á súa vez designada pola [[Real Federación Española de Tenis|RFET]], capitá do equipo español de [[Copa Davis]], converténdose así na primeira muller en poñerse á fronte da selección masculina de tenis. A RFET destituíuna do seu posto en setembro de 2017, feito que provocou malestar en Conchita Martínez, que manifestou estar doída polo trato recibido pola RFET.<ref>[http://www.abc.es/deportes/tenis/abci-copa-davis-conchita-martinez-enfadada-federacion-tras-despido-201709142144_noticia.html Conchita Martínez, muy enfadada con la Federación tras su despido]</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.conchitamartinez.com/ Sitio web oficial]
* {{twitter|conchitamartinz}}
* {{instagram|conchita__martinez}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Martinez, Conchita}}