Comarca de Santiago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Zaosbot (conversa | contribucións)
m probas cambios denominación oficial comarcas (via JWB)
Mvence (conversa | contribucións)
Liña 28:
Situada no sector centro-occidental de Galicia, a comarca de Santiago presenta un relevo de formas suaves e onduladas, lixeiramente incididas polos numerosos ríos que a sucan. O río Tambre percorre o norte, establecendo o límite coas comarcas de Ordes e A Barcala; e, tras recibir as augas do seu afluente o [[Río Dubra|Dubra]], o seu curso vai encaixado polas terras de [[Ames]] e [[Brión]], onde é represado no encoro Barrié de la Maza.
 
Polo sur o [[río Ulla]], límite natural entre a provincia da Coruña e a de Pontevedra, percorre un fértil val para encaixarse profundamente na [[A Ponte Ulla, Vedra|Ponte Ulla]], ao pé do [[Pico Sacro]]. Tamén fértil é o val de Amahía, que se estende polo concello de Ames e é percorrido polo [[río Sar]] que, xunto co [[Río Sarela, río Sar|Sarela]] rega as terras de Santiago. Augas abaixo, xa fóra da comarca, o Sar achega o seu caudal ao Ulla. A abundancia de cursos fluviais e o clima chuvioso durante o outono e inverno favorece unha vexetación frondosa e sempre verde que caracteriza a paisaxe desta comarca.
 
== Acceso á comarca ==