Diferenzas entre revisións de «Cianobacterias»

sen resumo de edición
m (Arranxiños)
 
As cianobacterias non posúen [[flaxelo]]s, mais algunhas poden moverse coa axuda de fibras en [[espiral]] na parede celular. Na maior parte das especies, a “maquinaria” fotosintética atópase en pregamentos da membrana celular, chamadas [[tilacoide]]s. Algunhas poden sintetizar [[materia orgánica]] usando [[sulfuro de hidróxeno]], como fan outras bacterias autotróficas.
 
Respecto aos [[pigmento]]s fotosintetizadores, atópanse dúas formas nas cianobacterias: a maioría posúe [[clorofila]] xuntamente con varias [[proteína]]s chamadas [[ficobilina]]s, que dan ás células a cor típica azulada; algúns xéneros, porén, non posúen ficobilinas e teñen [[clorofila b|clorofila ''b'']] ademais da [[clorofila a|''a'']] e son verdes (ver Proclorófitas máis abaixo).
 
Algunhas cianobacterias segregan [[cianotoxina]]s, entre as cales a anatoxina, aplisiatoxina, cilindrospermopsina, [[ácido domoico]], microcistina LR, nodularina R e saxitoxina.
191.799

edicións