Fotótrofo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
Os fotótrofos poden realizar unha fotosíntese oxixénica na cal se utiliza auga como [[doante de electróns]], que ao descompoñerse desprende oxíxeno, e captan a luz utilizando [[clorofila]]s. Son fotótrofos oxixénicos as plantas, algas e [[cianobacteria]]s.
 
Outros fotótrofos realizan unha [[fotosíntese anoxixénica]] na cal non utilizan como doante de electróns a auga, senón outro composto, por exemplo, [[sulfuro de hidróxeno]], polo que non se desprende oxíxeno, e utilizan como [[pigmento biolóxico|pigmentos]] captadores de luz as [[bacterioclorofila]]s. Teñen unha fotosíntese deste tipo uns poucos tipos de bacterias acuáticas.
 
Un ''fotolitoautótrofo'' é un fotoautótrofo que usa como doante de electróns un composto inorgánico, por exemplo a H<sub>2</sub>O, H<sub>2</sub>, H<sub>2</sub>S.