Fidel Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Arranxos
Nonso91 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 136:
Tras financiarse con diñeiro de particulares, en especial co que lle proporcionou [[Aureliano Sánchez Arango]], exministro de Prío, Fidel partiu cara a Cuba o 25 novembro de 1956 a bordo dun pequeno buque, o ''[[Granma (iate)|Granma]]'' (''Avoa'', en inglés), con 81 camaradas do chamado [[Movemento do 26 de xullo]], entre eles o seu irmán [[Raúl Castro|Raúl]] e o arxentino [[Ernesto Che Guevara]], para intentar derrocar a Batista. O desembarco debía executarse de xeito sincronizado cun grupo de membros da organización, encabezado por [[Frank País]], que intentaría tomar [[Santiago de Cuba]]. O plan era chegar en cinco días, polo que o quinto día os homes de Frank País realizaron alzamentos en [[Santiago de Cuba|Santiago]] e [[Manzanillo, Cuba|Manzanillo]]. Porén, por culpa de diversos contratempos, o Granma tardou sete días en chegar e os guerrilleiros de País dispersáronse despois de dous días de ataques intermitentes.{{Harvnp|Bourne|1986|p=134-136}}
 
O Granma desembarcou nun [[mangleiral]] na praia Las Coloradas, preto de [[Los Cayuelos]] o 2 de decembro de 1956. Fuxindo cara ao interior, a súa tripulación dirixiuse á cordilleira da [[Sierra Maestra]] de [[Provincia de Oriente, Cuba|Oriente]], sendo reiteradamente atacada polas tropas de Batista.{{Harvnp|Bourne|1986|p=134-136}} Á chegada, Castro descubriu que só 19 rebeldes chegaran ao seu destino, o resto foran asasinados ou capturados.{{Harvnp|Coltman|2003|p=114-117}} Os superviventes, entres os que estaban os irmáns Castro, o Che Guevara, [[Juan Almeida Bosque|Juan Almeida]] e [[Camilo Cienfuegos]], estableceron un campamento.{{Harvnp|Bourne|1986|p=137}} Comezaron a lanzar incursións sobre pequenos polos do exército para obter armas e en xaneiro de [[1957]] invadiron o posto avanzado en La Plata. Trataron medicamente aos soldados que feriron pero executaron a Chicho Osorio, o ''mayoral'' local (supervisor da compañía propietaria das terras), que era desprezado polos campesiños locais e que se xactaba de ter matado a un dos rebeldes.{{Harvnp|Coltman|2003|p=114-117}} A execución de Osorio axudou aos rebeldes a gañar a confianza dos veciños, aínda que non eran moi entusiastas e desconfiaban dos revolucionarios.{{Harvnp|Bourne|1986|p=139}} Segundo foi crecendo a confianza, algúns habitantes locais uníronse aos rebeldes, aínda que a maioría dos novos recrutas procedían de áreas urbanas. Os voluntarios aumentaron as forzas rebeldes a máis de 200 en xullo de 1957. Fidel dividiu o seu exército en tres columnas, comandadas por el, o seu irmán e Guevara.{{Harvnp|Coltman|2003|p=122}} Os membros do MR-26-7 que operaban en áreas urbanas continuaron con actividades de axitación e de envío de subministracións á serra. O 16 de febreiro de 1957 Fidel reuniuse con outros destacados membros do Movemento para discutir a táctica e aquí coñeceu a [[Celia Sánchez]], que se convertería nunha amiga íntima.{{Harvnp|Quirk|1993|p=130}}[[Ficheiro:Raulche2.jpg|esquerda|miniatura|270x270px|O irmán de Fidel, [[Raúl Castro|Raúl]] (esquerda) co [[Che Guevara]] (dereita)]]Por toda Cuba, grupos anti-Batista levaron a cabo ataques e [[sabotaxe]]s, mentres a policía respondía con detencións masivas, torturas e execucións extraxudiciais.{{Harvnp|Bourne|1986|p=142-143}} En marzo de 1957, o DRE lanzou un ataque infrutuoso contra o palacio presidencial, durante o cal, [[Antonio Echeverría]] foi abatido.{{Harvnp|Bourne|1986|p=142-143}} O goberno de Batista recorreu a miúdo a métodos brutais para controlar as cidades de Cuba. Nas montañas da Sierra Maestra, Castro uniuse a [[Frank Sturgis]], que se ofreceu para adestrar ás tropas de Castro na loita de guerrillas. Castro aceptou a oferta, pero tamén tiña unha necesidade inmediata de armas e municións, polo que Sturgis converteuse nun subministrador de armas. Sturgis mercou lotes de armas e municións da International Armament Corporation de Samuel Cummings, experto en armas da CIA, en Alexandria, [[Virxinia]]. Sturgis abriu un campo de adestramento nas montañas da Sierra Maestra, onde instruíu na guerra de guerrillas ao Che Guevara e a outros soldados rebeldes do 26 de Xulloxullo. Frank País tamén foi asasinado, deixando a Fidel como líder indiscutible do MR-26-7. Aínda que Guevara e Raúl eran coñecidos polos seus puntos de vista [[Marxismo-leninismo|marxista-leninistas]], Castro escondeu o seu, esperando obter o apoio de revolucionarios menos radicais. En 1957 reuniuse cos principais membros do [[Partido Ortodoxo]], [[Raúl Chibás]] (irmán do falecido [[Eduardo Chibás]]) e [[Felipe Pazos]], e asinaron o [[Manifesto de Sierra Maestra]], no que esixían que se establecese un goberno civil provisional para poñer en funcionamento unha reforma agraria moderada, a industrialización e unha campaña de alfabetización antes de celebrar eleccións multipartidistas. Como a prensa cubana estaba censurada, Castro contactou con medios estranxeiros para difundir a súa mensaxe. A loita guerrilleira permanecera ocultada polo réxime, que incluso chegou a publicar a morte de Fidel, pero en febreiro de [[1957]], un famoso xornalista americano do ''[[New York Times]]'', [[Herbert Matthews]], chegou a entrevistarse cos rebeldes na montaña e publicou unha serie de artigos sobre esta loita. Da noite á mañá, os "barbudos" fixéronse célebres en boa parte do mundo e a ditadura comezou a perder o seu apoio internacional, en particular, nos Estados Unidos. Máis tarde foron entrevistados por outros medios, como a [[CBS]] ou [[Paris Match]].
 
Os [[revolucionario]]s chegaron a ter nalgúns momentos máis de 800 combatentes cos que iniciaron a invasión a nivel nacional (fronte aos máis de 70.000 combatentes de Batista), aínda que a falta de [[arma]]s era un condicionante fundamental. Castro, comandante da expedición, foi nomeando progresivamente como comandantes ao Che, Raúl Castro, Camilo Cienfuegos, Almeida e a algúns outros, ocupando el dende aquela a graduación de "comandante xefe" (que evolucionou a "[[comandante en xefe]]").<ref name=":0" />
Liña 209:
A CIA e a Fronte Revolucionaria Democrática posicionaran un exército de 1.400 homes, a Brigada 2506, en [[Nicaragua]]. Na noite do 16 ao 17 de abril, a Brigada 2506 aterrou ao longo da [[Baía de Cochinos]] de Cuba e intercambiaron disparos cunha milicia revolucionaria local. Fidel Castro ordenou ao capitán [[José Ramón Fernández Álvarez|José Ramón "Gallego" Fernández]] que lanzase a contraofensiva, tomando despois el mesmo o control. Tras bombardear os barcos dos invasores e introducir reforzos, Castro obrigou á brigada a rendirse o 20 de abril.{{Harvnp|Coltman|2003|p=180-184}}{{Harvnp|Bourne|1986|p=222-225}} Ordenou que os 1.189 rebeldes capturados fosen interrogados por un grupo de xornalistas en directo na televisión o 25 de abril e fixo el persoalmente as preguntas. Catorce foron xulgados por delitos presuntamente cometidos antes da revolución, mentres que os outros foron devoltos aos Estados Unidos a cambio de medicamentos e alimentos por valor de 25 millóns de dólares.{{Harvnp|Coltman|2003|p=180-184}}{{Harvnp|Quirk|1993|p=375-378}} A vitoria de Castro tivo repercusión en todo o mundo, especialmente en [[Latinoamérica]], pero tamén aumentou a oposición interna entre os cubanos de clase media que foran detidos durante a invasión. Aínda que a maioría foron liberados aos poucos días, moitos fuxiron aos Estados Unidos, establecéndose en [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]].{{Harvnp|Bourne|1986|p=185-186}}
 
Para consolidar a "Cuba socialista", Castro uniu o [[Movemento do 26 de xullo]], o [[Partido Socialista Popular (Cuba)|PSP]] e o [[Directorio Revolucionario (Cuba)|Directorio Revolucionario]] nun só partido baseado no principio [[Leninismo|leninista]] do [[centralismo democrático]]: as [[Organizacións Revolucionarias Integradas]] (ORI), renomeadas como [[Partido Unido da Revolución Socialista Cubana]] (PURSC) en [[1962]].{{Harvnp|Geyer|1991|p=274-276}}{{Harvnp|Coltman|2003|p=188}} Aínda que a URSS estaba vacilante con respecto ao abrazo de Castro do socialismo,{{Harvnp|Geyer|1991|p=274-276}} profundaron as relacións cos soviéticos. Castro enviou a Fidelito a unha escola de [[Moscova]], técnicos soviéticos chegaron á illa, e Castro foi galardonado co [[Premio Lenin da Paz]].{{Harvnp|Quirk|1993|p=405}} En decembro de 1961, Fidel admitiu que era marxista-leninista dende facía anos e na Segunda Declaración da Habana pediu a América Latina que se levantara na revolución. En resposta, os Estados Unidos presionaronapertaron con éxito á [[Organización dos Estados Americanos]] para que expulsase a Cuba. Os soviéticos afearon en privado a acción de Castro por imprudente, aínda que recibiu eloxios por parte de [[República Popular da China|China]].{{Harvnp|Bourne|1986|p=232-234}} A pesar da súa afinidade ideolóxica con China, na [[ruptura sino-soviética]], Cuba aliouse cos soviéticos, que brindaron axuda económica e militar.{{Harvnp|Bourne|1986|p=232-234}}{{Harvnp|Quirk|1993|p=397}}
[[Ficheiro:Fidel-Gagarin-hug.jpg|miniatura|Fidel Castro xunto a [[Iuri Gagarin]], primeiro humano en viaxar ao espacioespazo, en [[Cuba]] en [[1961]]. ]]
A ORI comezou a dar forma a Cuba usando o modelo soviético, perseguindo aos opositores políticos e percibindo como "desviacións sociais" ás prostitutas e os homosexuais. Fidel Castro consideraba a actividade sexual do mesmo sexo un trazo [[Burguesía|burgués]],{{Harvnp|Bourne|1986|p=232-234}} actitude da que se arrepentiría anos máis tarde.<ref name=":3">{{Cita novas|data=1 de setembro de 2010|título=Fidel Castro asume su culpa por la persecución de homosexuales en Cuba hace cinco décadas|url=https://www.lavanguardia.com/internacional/20100901/53993588991/fidel-castro-asume-su-culpa-por-la-persecucion-de-homosexuales-en-cuba-hace-cinco-decadas.html|data-acceso=9 de agosto de 2019|lingua=es|xornal=[[La Vanguardia]]}}</ref> Os homes gays foron obrigados ás Unidades Militares de Axuda á Produción. Despois de que moitos intelectuais revolucionarios criticaron este paso, os campos da UMAP foron pechados en [[1967]], aínda que os gays seguiron sendo encarcerados.{{Harvnp|Quirk|1993|p=525-526}} En [[1962]], a economía de Cuba estaba en forte declive, resultado dunha mala xestión económica e unha baixa produtividade xunto co embargo comercial dos Estados Unidos. A escaseza de alimentos provocou o racionamento, resultando en protestas en [[Cárdenas, Cuba|Cárdenas]].{{Harvnp|Coltman|2003|p=189}} Os informes de seguridade indicaban que moitos cubanos asociaban a austeridade cos "vellos comunistas" do PSP, mentres que Castro consideraban que algúns deles - a saber, [[Aníbal Escalante]] e [[Blas Roca]] - eran excesivamente leais a Moscova. En marzo de 1962, Fidel apartou a varios dos máis importantes "vellos comunistas" dos seus cargos, etiquetándoos como "sectarios".
 
Liña 274:
Cuba e Venezuela foron os membros fundadores da [[Alternativa Bolivariana para las Américas|Alternativa Bolivariana para as Américas]] (ALBA).{{Harvnp|Azicri|2009|p=100}} ALBA buscou redistribuír uniformemente a riqueza en todos os países membros, protexer a agricultura da rexión e opoñerse á liberalización e [[privatización]] económica. A orixe de ALBA radicaba nun acordo de decembro de [[2004]] asinado entre ambos países e foi formalizado a través dun acordo de comercio popular asinado tamén pola [[Bolivia]] de [[Evo Morales]] en abril de 2006. Castro tamén pedía unha maior integración do [[Caribe (rexión)|Caribe]] dende finais dos 90, dicindo que só reforzar a cooperación entre os países do Caribe evitaría a súa dominación por nacións ricas nunha economía global.<ref>{{Cita novas|data=21 de agosto de 1998|título=Castro calls for Caribbean unity|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/americas/156312.stm|data-acceso=21 de agosto de 2019|lingua=en|xornal=[[BBC]]}}</ref><ref>{{Cita novas|data=25 de agosto de 1998|título=Castro finds new friends|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/americas/156756.stm|data-acceso=20 de agosto de 2019|lingua=en|xornal=[[BBC]]}}</ref> Cuba abriu catro embaixadas adicionais na [[Comunidade do Caribe]]: en [[Antiga e Barbuda|Antigua e Barbuda]], [[Dominica]], [[Suriname]] e [[San Vicente e as Granadinas]]. Este paso converteu a Cuba no único país con embaixadas en todos os países independentes da Comunidade do Caribe.<ref>{{Cita novas|data=13 de marzo de 2006|título=Cuba opens more Caribbean embassies|url=http://www.caribbeannewsnow.com/caribnet/cgi-script/csArticles/articles/000008/000823.htm|data-acceso=21 de agosto de 2019|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120118173203/http://www.caribbeannewsnow.com/caribnet/cgi-script/csArticles/articles/000008/000823.htm|dataarquivo=18 de xaneiro de 2012|lingua=en}}</ref>
 
En contraste coa mellora das relacións entre Cuba e varios estados latinoamericanos de esquerda, no 2004 rompeu os lazos diplomáticos con [[Panamá]] despois de que a presidenta centrista, [[Mireya Moscoso]], concedese o indulto a catro exiliados cubanos acusados ​​de intentar asasinar a Fidel Castro en 2000, entre eles o terrorista [[Luis Posada Carriles]].<ref>{{Cita novas|data=26 de agosto de 2004|título=Cuba rompe relaciones con Panamá|url=http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/latin_america/newsid_3603000/3603620.stm|data-acceso=21 de agosto de 2019|lingua=es|xornal=[[BBC]]}}</ref> Os lazos diplomáticos restablecéronse no 2005. despois da elección do presidente de esquerda [[Martín Torrijos]]<ref>{{Cita novas|data=20 de agosto de 2005|título=Cuba y Panamá restablecen plenamente las relaciones diplomáticas|url=https://www.lavanguardia.com/internacional/20050820/51262813195/cuba-y-panama-restablecen-plenamente-las-relaciones-diplomaticas.html|data-acceso=21 de agosto de 2019|lingua=es|xornal=[[La Vanguardia]]}}</ref> e en 2008 a Corte Suprema de Xustiza de Panamá declarou inconstitucionais os indultos concedidos pola ex-presidentaexpresidenta Moscoso.<ref>{{Cita novas|data=1 de xullo de 2008|título=Declarado inconstitucional en Panamá el indulto al anticastrista Posada Carriles|url=https://elpais.com/internacional/2008/07/01/actualidad/1214863217_850215.html|data-acceso=21 de agosto de 2019|lingua=es|xornal=[[El País]]}}</ref> A mellora das relacións de Castro en América Latina estivo acompañada dunha continuada animosidade cara aos Estados Unidos. Non obstante, tras os enormes danos causados ​​polo [[furacán Michelle]] no [[2001]], Castro propuxo con éxito a compra en efectivo de comida aos Estados Unidos ao tempo que declinaba a oferta de axuda humanitaria do seu goberno.<ref>{{Cita novas|data=22 de novembro de 2001|título=EE.UU.- Cuba: acuerdo comercial|url=http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/business/newsid_1669000/1669492.stm|data-acceso=21 de agosto de 2019|lingua=es|xornal=[[BBC]]}}</ref> Fidel manifestouse solidario cos EUA tras os [[atentados do 11 de setembro de 2001]], condenando a [[Al Qaida|Al-Qaeda]] e ofrecendo aeroportos cubanos para o desvío de emerxencia de calquera avión dos Estados Unidos. Recoñeceu que os ataques farían que a política exterior dos Estados Unidos fose máis agresiva, o que el cría contraproducente{{Harvnp|Coltman|2003|p=320}} e criticou a [[Invasión do Iraq de 2003|invasión de Iraq de 2003]], afirmando que a guerra liderada por Estados Unidos impuxera unha "lei da xungla" internacional.<ref>{{Cita novas|data=24 de decembro de 2003|título=Fidel: Invasión a Irak fue por la "conquista" del petróleo|url=http://www.lr21.com.uy/mundo/128008-fidel-invasion-a-irak-fue-por-la-conquista-del-petroleo|data-acceso=21 de agosto de 2019|lingua=es}}</ref> No seu discurso do [[Día Internacional dos Traballadores]] de 2004 fixo numerosos eloxios ao pobo español polas manifestacións posteriores aos [[Atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid|atentados do 11 de marzo]] ao tempo que criticaba duramente ao goberno de [[José María Aznar]] pola súa actuación neses días e pola [[guerra de Iraq]].<ref>{{Cita web|url=http://www.cuba.cu/gobierno/discursos/2004/esp/f010504e.html|páxina-web=www.cuba.cu|título=Discurso de Fidel Castro o 1 de maio de 2004|data-acceso=21 de agosto de 2019|lingua=es}}</ref>
[[Ficheiro:Fidel Castro 1. Mai 2005 bei Kundgebung.jpg|miniatura|Fidel Castro saudando a unha multitude en [[2005]].]]
 
Liña 329:
Fidel tivo ademais outros cinco fillos da súa segunda muller, Dalia Soto del Valle: Antonio, Alejandro, Alexis, Alexander e Ángel Castro Soto del Valle.<ref name=":5" />
[[Ficheiro:Arturo Frondizi con Fidel Castro.jpg|miniatura|235x235px|Fidel Castro xunto ao [[presidente da Arxentina]] [[Alberto Frondizi]]. Esta reunión fixo moito máis tensa a relación de Frondizi cos militares, que logo o derrocaron.]]
Mentres estaban no goberno, os dous amigos máis próximos de Fidel foron o exalcalde da Habana [[Pepín Naranjo]] e o seu propio médico persoal, [[René Vallejo]].{{Harvnp|Bourne|1986|p=201}} Dende [[1980]] ata a súa morte en [[1995]], Naranjo encabezou o seu equipo de conselleiros.<ref>{{Cita novas|data=26 de decembro de 1995|título=Castro Adviser, 66, Dies Of Heart Attack|url=https://www.spokesman.com/stories/1995/dec/26/castro-adviser-66-dies-of-heart-attack/|data-acceso=22 de agosto de 2019|lingua=en}}</ref> Mantivo tamén unha profunda amizade coa súa compañeira revolucionaria [[Celia Sánchez]], que o acompañou case en todas partes durante a década de 1960 e controlou case todo o acceso ao líder.{{Harvnp|Bourne|1986|p=201}} Así mesmo mantiña boas relacións con numerosas personalidades da cultura, a política e outros campos como o primeiro ministro do Canadá, [[Pierre Trudeau]], o presidente francés [[François Mitterrand]], o magnate multimillonario [[Ted Turner]], os actores [[Jack Nicholson]], [[Danny Glover]], [[Harry Belafonte]], [[Chevy Chase]], [[Vanessa Redgrave]], [[Robert Redford]], [[Dan Rather]], [[Peter Jennings]], os cineastas [[Steven Spielberg]] e [[Oliver Stone]] ou o ex-futbolistaexfutbolista [[Diego Armando Maradona]], que leva tatuado o rostro de Fidel. Foi tamén foi un bo amigo do novelista colombiano [[Gabriel García Márquez]],{{Harvnp|Bourne|1986|p=299}} do americano [[Ernest Hemingway]] e do presidente de Venezuela, [[Hugo Chávez]].
 
=== Visita a Galicia ===