Diferenzas entre revisións de «Tsunami»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
A teoría linear predí que as ondas conservarán a súa enerxía mentres non rompan na costa. A disipación da enerxía preto da costa dependerá das características do relevo mariño e a maneira na que se disipa esa enerxía antes de romper depende da relación '''''H/h'''''. Unha vez que chega á terra firme a forma en que a onda rompe depende da relación '''''H/L'''''. Como ''L'' sempre é moito maior ca ''H'' as ondas romperán como o fan as ondas baixas e planas. Esta forma de disipar a enerxía é pouco eficiente, e leva a onda a adentrarse na terra como unha gran [[marea]].
 
Ao chegar á costa a altura aumentará, mais seguirá a ter forma de onda plana. Pódese dicir que hai un transvasamento de enerxía de velocidade a amplitude. A onda frea mais gaña altura. Con todo, a amplitude non abonda para explicar o poder destrutor da onda e mesmo un nun maremoto de menos de 5 m os efectos poden ser devastadores. O que acontece é que a onda arrastra unha masa de auga moito maior que calquera onda convencional, polo que o primeiro impacto da fronte da onda vén seguido do empuxe do resto da masa de auga perturbada que presionapreme, facendo que o [[mar]] se adentre máis na terra.
 
Antes da súa chegada, o mar adoita retirarse distancias variables da costa, que no caso de fondos relativamente planos, pode chegar a varios centos de metros como unha rápida [[baixamar]]. Dende ese momento ata que chega a onda principal poden pasar de 5 a 10 minutos, e mesmo existen casos en que transcorreron horas ata chegar á terra.
4.682

edicións