Diferenzas entre revisións de «Alexandre VIII, papa»

A finais de 1690 e mediante decreto do [[Santo Oficio]] condenou 31 proposicións das máis de 200 presentadas por un grupo de teólogos xesuítas belgas, especificamente os da universidade de [[Lovaina]], a propósito da graza, a [[penitencia]] e da [[eucaristía]], así como a teoría do "pecado filosófico". Tamén se opuxo ó "rigorismo" excesivo de determinadas correntes morais, contraposto ó "laxismo" que fora denunciado en pontificados anteriores.
 
Malia o patrocino do monarca francés, condenou a declaración realizada en 1682 polo clero deste país en relación coas liberdades da [[Galicanismo|igrexa galicana]]. Mediante a bula ''Inter multiciples'' de 1692 declarou anulados catro artigos daquela declaración, así como o dereito de regalía. Porén, [[Luís XIV]], cunha situación política en momento crítico, conseguiu ganancias coas disposicións pacíficas do novo papa, e restituíu a este o territorio de [[Aviñón]] e do Condado Venasino, ó tempo que renunciaba ó dereito de asilo da Embaixada francesa. En compensación, '''Alexandre VIII''' nomeou óo máis férvido dos galicanos, o bispo de [[Beauvais]] e embaixador de [[Francia]] ante a [[Santa Sé]] Toussaint de Forbin Janson, cardeal do título de ''San Agnese fuori le mura''.
 
Comprou os libros e manuscritos da raíña [[Cristina de Suecia]] para nutrir a [[Biblioteca Vaticana]].
Morreu en Roma o [[1 de febreiro]] de [[1691]], e está sepultado na Patriarcal Basílica Vaticana baixo un suntuoso mausoleo obra de [[Arrigo di San Martino]].
 
As profecías de [[San Malaquías]] refírense a este papa como ''Pœnitentia gloriosa'' (A penitencia gloriosa), cita que ó parecer fai referencia ó seu nome de pila, Pedro, pois o apóstolo Pedro é considerado o "gran arrepentido", aínda que nunha segunda lectura asóciasese asocia a cita co día en que foi elixido, consagrado a [[San Bruno]], considerado o anxo da penitencia. Existe outra terceira explicación á cita, e é a que fai referencia a que forzou ós bispos franceses ó arrepentimento na súa ''Declaración do Clero de Francia''
 
==Véxase tamén==
4.682

edicións