Google Play: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 34:
 
=== Aplicacións ===
Os usuarios teñen a posibilidade de instalarinstalaren aplicacións a través do sitio web do desenvolvedor ou mediante tendas de distribución dixital alternativas. Estas poden ou ben ser actualizadas automaticamente se o usuario así o establece, ou ben manualmente unha a unha.
 
[[O 17 de marzo de 2009]], arredor de 2 300 aplicacións estaban dispoñibles en Android Market, de acordo co director técnico de T-Mobile Cole Brodman. O 10 de maio de 2011, durante Google I/O, Google anunciou que en Android Market figuran 200 000 aplicacións e que foron instaladas 4 500 000 000 veces.
Liña 118:
=== Play Newsstand ===
 
Google Play ofrece a posibilidade de subscribirse a revistas e diarios de noticias nalgúns países, entre os que están os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Australia]], o [[Canadá]] e o [[Reino Unido]], isto a través das aplicacións Google Currents e Play Magazines. O 20 de novembro de 2013, Play Magazines e Google Currents fusionáronse dando lugar a Play Newsstand, aplicación que combina os servizos de ambas as aplicacións nun só produto.
 
=== Play Música ===
 
Play Música é un servizo de almacenamento e sincronización de música na nube, así como tamén unha tenda musical en liña lanzada en 2011, tras anunciala oficialmente durante a conferencia de desenvolvedores [[Google I/O]] do 10 de maio de 2011. O servizo permite o almacenamento gratuíto de cancións propias ata un total de 50 000, que ao sincronizarsesincronizárense na nube serán accesibles desde calquera punto. Tamén permite escoitar música a través de ''streaming'', servizo que se ofrece mediante subscrición.
 
O servizo é accesible vía navegador, cliente de escritorio e [[smartphone]]s con [[Android]], aínda que tamén se pode acceder<ref name="PCworld">{{Cita web|url=https://www.pcworld.com/article/227507/Music_Beta_by_Google_to_Launch_Without_Licenses.html|título=Music Beta de Google se lanzará sen licenzas|páxina-web=PC World|data=10 de maio de 2011|data-acceso=16 de xullo de 2020|idioma=inglés}}</ref> desde outros sistemas operativos móbiles sempre e cando soporten [[Adobe Flash]].