Diferenzas entre revisións de «La Veu de Catalunya»

m
sen resumo de edición
(retiro marcador enuso)
m
'''''La Veu de Catalunya''''' foi un xornal en [[Lingua catalá|catalán]] fundado por [[Enric Prat de la Riba]] que se publicou en [[Barcelona]] dende o 1 de xaneiro de [[1899]] ata o [[8 de xaneiro]] de [[1937]], con dúas edicións diarias.<ref name=":2">{{Cita web|url=https://www.enciclopedia.cat/EC-GEC-0070269.xml|apelidos-editor=Gran Enciclopèdia Catalana|páxina-web=enciclopedia.cat|título=La Veu de Catalunya|data-acceso=16-7-2020|apelidos=LlSD|lingua=ca}}</ref> Comezou como un semanario literario e político en 1891, para pasar a ser diario o 11 de xaneiro de 1899.<ref name=":2" />
 
Foi o voceiro do programa ideolóxico e político da [[Lliga Regionalista|Liga Rexionalista]] e a liña editorial, conservadora e católica,<ref name=":0">{{Cita web|url=http://www.elpuntavui.cat/article/769335-una-veu-influent-i-prestigiosa.html|páxina-web=elpuntavui.cat|título=Una veu influent i prestigiosa|data-acceso=17-7-2020|apelidos=Salvà|nome=Bernat|data-publicación=18-8-2014|lingua=ca}}</ref> promoveu a autonomía, o uso normal da lingua en público e a escola catalá. Dende o punto de vista xornalístico, era un xornal moderno, organizado por seccións, con correspondentes e colaboradores no territorio e un equipo que combinaba a xente nova e os mellores xornalistas da época.<ref>{{Cita web|url=https://www.sapiens.cat/temes/catalunya/la-mancomunitat-no-hauria-pogut-existir-sense-la-veu-de-catalunya_15600_102.html|páxina-web=sapiens.cat|título="La Mancomunitat no hauria pogut existir sense ‘La Veu de Catalunya"|data-acceso=17-7-2020|apelidos=Farradellas|nome=Víctor|lingua=ca}}</ref> Foi o xornal catalán máis lonxevo do século, con 38 anos de publicación diaria.<ref name=":1">{{Cita web|url=https://www.nuvol.com/llibres/la-veu-de-catalunya-diari-no-politich-pero-clar-i-catala-18136|páxina-web=nuvol.com|título=La Veu de Catalunya: ‘Diari no polítich, però clar i català’|data-acceso=17-7-2020|apelidos=Grèbol|nome=Marc|data-publicación=14-7-2014|lingua=ca}}</ref> A cabeceira, deseñada por [[Lluís Domènech|Domènec i Montaner]], amosaba unha aguia de catro raias. Naquel tempo [[Josep Pla]] e [[Eugeni Xammar]] considerárono o xornal máis importante publicado en catalán, opinión tamén compartida, na actualidade, polo historiador xornalístico Josep Maria Figueres.<ref>Figueres (2014)</ref>
 
Tamén con este nome se publicara o ''[[Diari Català]]'' de [[Valentí Almirall i Llozer|Valentí Almiral]]<nowiki/>l, durante un dos períodos nos que estivera suspendido, entre o 30 de xullo e o 28 de agosto de 1880<ref name=":1" /><ref>Torrent & Tasis(1966), pp. 150-151</ref><ref>Figueres (1999), pp. 133-134</ref>
4.682

edicións