Neolítico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 76:
O uso do mel continúa. A súa importancia deriva do feito de que era o único alimento doce coñecido, igual que o sal era o único salgado. Ademais, dos panais obtíñase a cera, que seguramente se usaba en rituais másicos, relixiosos e/o funerarios.
 
Do mel obtívose nunha época indeterminada o hidromel, solución acuosa de mel que a consecuencia da [[fermentación alcohólica]] perdeu toda ou parte da materia azucrada e converteuse en alcohol etílico, sendo parecido no seu sabor a algúns tipos de viño. O hidromel tiña unha cor brillante e dourada. Para fabricar hidromel usábase a auga utilizada para lavar utensilios que contiveran mel, á cal se engadía mel (25% de mel e 75% de auga) co pole extraído dos panais para a súa [[fermentación]] (0,05%), creándose unha bebida duns quince graos.
 
Outra bebida é a cervexa, que é anterior ós cultivos. Crese que os poboadores neolíticos quentaban ó máximo unha pedra oca contendo auga e plantas silvestres, fermentándoo coas mesmas herbas mastigadas e cuspidas no líquido. Este procedemento usábase aínda na industria leiteira vasca a principios do século XX para fabricar callada (se ben o leite se introducía en recipientes de madeira nos que se introducían as pedras quentes). Foi en Exipto onde se aprendeu a elaborar a cervexa con cebada, sistema que probablemente non acadou Europa ata o período dos indoeuropeos ou celtas.