Mar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Comercio: texto traducido desde a wiki .es:Mar#Comercio
→‎Comercio: texto traducido desde a wiki .es:Mar#Comercio
Liña 327:
{{AP|Frete|Comercio}}
[[Ficheiro:Shipping routes red black.png|miniatura|Rutas de fretes, que mostran a densidade relativa do frete comercial en todo o mundo]]
O comercio marítimo existio durante milenios. A [[dinastía tolemaica]] desenvolvera o comercio coa India utilizando os portos do [[mar Vermello]] e no I milenio a. C. os árabes, fenicios, israelitas e indios xa comerciaban con artigos de luxo como especias, ouro e pedras preciosas.<ref>{{cita libro | apelido = Shaw | nome = Ian | título = The Oxford History of Ancient Egypt | editorial = Oxford University Press | ano = 2003 | páxina = 426 | isbn = 978-0-19-280458-7 | url = https://archive.org/details/oxfordhistoryofa00shaw }}</ref> Os fenicios foron coñecidos comerciantes de mar e baixo os gregos e romanos, o comercio continuou prosperando. Co colapso do Imperio romano, o comercio europeo diminuíu pero continuou florecendo entre os reinos de África, Oriente Medio, India, China e o sueste de Asia.<ref>{{cita libro |título=Cross-Cultural Trade in World History |apelido=Curtin |nome=Philip D. |ano=1984 |editorial=Cambridge University Press |isbn=978-0-521-26931-5 |páxinas=88–104 |url=https://books.google.com/?id=R4IiYFhliv4C&printsec=frontcover&dq=history+of+trade#v=onepage&q=Roman%20Empire&f=false }}</ref> Desde os séculos XVI ao XIX, ao redor de 13 millóns de persoas foron enviadas a través do Atlántico para ser vendidas como [[escravitude|escravas]] nas Américas.<ref>{{cita libro |título=The Atlantic Slave Trade: Effects on Africa |apelido=Kubetzek |nome=Kathrin |apelido2=Kant |nome2=Karo |ano=2012 |editorial=GRIN Verlag |isbn=978-3-656-15818-9 |páxina=1 |url=https://books.google.com/?id=jSg1G5gKNsIC&printsec=frontcover&dq=slaves+shipped+across+Atlantic#v=onepage&q=slaves%20shipped%20across%20Atlantic&f=false }}</ref>
 
Hoxe en día, grandes cantidades de mercadorías transpórtanse por mar, especialmente a través do Atlántico e ao redor da conca do Pacífico. Unha ruta importante comercial pasa polo [[estreito de Xibraltar]], cruza o Mediterráneo e a [[canle de Suez]] ata o océano Índico e o [[estreito de Malaca]]; gran parte do comercio tamén pasa pola [[canle da Mancha]].<ref>{{cita libro |título=The Atlantic Slave Trade: Effects on Africa |apelido=Kubetzek |nome=Kathrin |apelido2=Kant |nome2=Karo |ano=2012 |editorial=GRIN Verlag |isbn= 978-3-656-15818-9 |páxina=1 |url= https://books.google.com/?id=jSg1G5gKNsIC&printsec=frontcover&dq=slaves+shipped+across+Atlantic#v=onepage&q=slaves%20shipped%20across%20Atlantic&f=false }}</ref> As [[Ruta marítima|rutas marítimas]] son os rutas en mar aberto utilizadas polos buques de carga, que tradicionalmente utilizan ventos [[alisio]]s e as [[Corrente oceánica|correntes mariñas]]. Máis do 60% do tráfico mundial de [[contedor]]es circula por unha das vinte rutas comerciais máis importantes.<ref>{{cita web |url=http://www.worldshipping.org/about-the-industry/global-trade/trade-routes |title=Trade routes |editorial=World Shipping Council |data-acceso= 17 de xullo do 2020}}</ref> O aumento da fusión do xeo do Ártico desde 2007 permite aos barcos viaxar polo [[Paso do Noroeste]] durante algunhas semanas no verán, evitando as rutas máis longas a través da canle de Suez ou a [[canle de Panamá]].<ref>{{cita web | url=https://www.nature.com/news/2007/070919/full/449267b.html | título=Arctic Melt Opens Northwest Passage | editorial=Nature | data= 19 de setembro de 2007 | data-acceso= 17 de xullo do 2020 | autor=Roach, John |lingua=en}}</ref> O frete compleméntase co [[frete aéreo]], un envío máis custoso reservado principalmente para cargas particularmente valiosas ou perecedoiras. O comercio marítimo transportaba en 2013 máis de 4 billóns de dólares en bens por ano.<ref>{{cita web |url=http://www.worldshipping.org/about-the-industry/global-trade |título=Global trade |editorial=World Shipping Council |data-acceso=17 de xullo do 2020 |lingua=en}}</ref>
 
== Mares extraterrestres ==