Ceca de Aquileia: Diferenzas entre revisións

ceca imperial romana en Italia
Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Publícase o artigo, sobre a base da súa versión en italiano e con actualizacións diversas.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 16 de xullo de 2020 ás 20:12

Ceca de Aquileia

Follis de Maximiano

IMP MAXIMIANUS P F AVG; busto laureado cara á dereita. SACR MONETA AVGG ET CAESS NOSTR, Moneta cara á esquerda, con balanza e cornucopia. AQS no exergo.
Follis. Ceca de Aquileia (marca AQS). Ca. 302-303. 26 mm. 9,44 g. [1]

A ceca de Aquileia foi un obradoiro monetario do Imperio Romano en funcionamento na antiga cidade de Aquileia, na costa do mar Adriático. Foi establecida polo emperador Diocleciano ca. 294-296 e mantivo a súa actividade, con longas interrupcións, ata o seu pechamento definitivo nos inicios do mandato de Valentiniano III (425-437).[2][3][4]

A ceca no seu contexto histórico

Período tetrárquico e Guerra Civil (294-324)

En 312, durante a guerra civil (306-324), Constantino I reuniu un grande exército e dirixiuse a Italia a través dos Alpes[5] e, logo de derrotar a Maxencio dúas veces consecutivas, puxo en asedio e, posteriormente, ocupou Aquileia,[6] ata someter toda a Italia setentrional. Coa posterior e definitiva vitoria sobre Maxencio na Batalla da Ponte Milvio, en 312,[7][8][9][10] toda Italia pasou a estar baixo o control de Constantino,[11] o que constituíu o inicio dun novo período nas emisións monetarias.

A ceca de Aquileia foi establecida durante a tetrarquía de Diocleciano, cando Maximiano, logo de se converter en Augusto de Occidente, escolleu como a súa capital inicialmente Mediolanum (290-291) e posteriormente Aquileia (294-296).[3] A ceca desta cidade, que Ausonio definiu como a novena do Imperio en importancia,[12] funcionou nos seus primeiros momentos con tres oficinas ou obradoiros, e os seus traballadores iniciais deberon ser traídos desde a ceca da capital da Antiga Roma.[13]

Primeira tetrarquía (294-305)

 
Follis da ceca de Aquileia cuñado en 303 a nome de Dioclaciano.[14]

En 293, Diocleciano levou a cabo unha reorganización territorial e funcional no Imperio, que dividiu en catro partes co fin de facilitar as operacións militares. Neste contexto, nomeou a Galerio como o seu césar no Oriente, e Maximiano fixo o mesmo con Constancio Cloro para Occidente. As catro áreas configuráronse deste xeito:

Este sistema revelouse eficaz para a estabilidade do Imperio e posibilitou que os augustos chegasen a celebrar os vinte anos de mandato, feito que non sucedía desde a época de Antonino Pío.

As emisións de moeda en Aquileia comezaron en 294, logo da elección da cidade como sede dunha das casas de moeda establecidas por Diocleciano para subministrar efectivo ao Imperio. Nesta primeira época traballou cos tres metais básicos da cuñaxe, e a súa produción de moeda de bronce non foi escasa, aínda que si moito menos abundante que a das cecas galas e a das orientais. Tamén cómpre salientar a boa factura das súas cuñaxes, cun estilo lixeiramente oriental e balcánico, arredado dos parámetros estéticos de occidente, que eran máis realistas (como os das cecas de Lugdunum, Augusta Trevorum ou Roma).[4][16]

Segunda tetrarquía (305-306)

 
Follis cuñado ca. 305-306 na ceca de Aquileia a nome de Galerio.[17]

Neste segundo período, a ceca de Aquileia produciu moedas de ouro e de bronce, aínda que non hai constancia de que existan tamén cuñaxes de prata.

O 1 de maio de 305, Diocleciano e Maximiano abdicaron.[15] A segunda tetrarquía prevía que os seus respectivos césares se convertesen en augustos (Galerio para Oriente e Constancio Cloro para Occidente)[18] e proporcionáballes a potestade de nomear os seus propios sucesores (os novos césares): Galerio elixiu a Maximino Daia, e Constancio Cloro escolleu a Flavio Valerio Severo.[19] Porén, parece que pouco despois o mesmo Constancio Cloro renunciou a parte dos seus territorios (Italia e África)[18] en beneficio do propio Galerio, que se atopou na situación de administrar dous césares: Maximino Daia, a quen lle encomendou Oriente, e Flavio Valerio Severo, a quen lle asignou Italia (e quizais África),[19] en tanto que mantivo para si mesmo a diocese do Ilírico.[20] Este sistema de sucesión mantívose inalterado ara a morte de Constancio Cloro en Eboracum o 25 de xullo de 306.[18][21]

Terceira tetrarquía (306-308)

 
Follis cuñado ca. 306-307 na ceca de Aquileia a nome de Flavio Severo.[22]

Neste terceiro período, a ceca de Aquileia cuñou moedas de ouro e de prata, aínda que en cantidades reducidas.

Coa morte de Constancio Cloro, o sistema entrou en crise: o fillo ilexítimo do emperador defunto, Constantino, foi proclamado césar[20] polas tropas que competían co lexítimo herdeiro, Severo.[21] Uns meses despois, Maxencio, fillo do vello augusto Maximiano Herculio, foi aclamado grazas ao apoio de oficiais como Marcelo, Marceliano, Luciano e os pretorianos, restaurando así o principio dinástico.

Galerio negouse a recoñecer a Maxencio e enviou a Roma a Severo (que se atopaba en Mediolanum) cun exército, co fin de depolo. Porén, unha grande parte dos soldados de Severo serviran antes con Maximiano e, logo de aceptar diñeiro de Maxencio, desertaron en masa. Severo fuxiu a Rávena, onde foi asediado polo pai de Maxencio, Maximiano.[23] A cidade estaba moi ben fortificada, o que levou a Maximiano a ofrecer unhas condicións para a entrega, que Severo aceptou: foi preso, aínda que finalmente resultou asasinado.[20][24][25][26]

O 11 de novembro de 308 tivo lugar un encontro en Carnuntum, no Danubio superior, no que participaron Galerio, como organizador, Maximiano e Diocleciano. Nesta ocasión organizouse unha cuarta tetrarquía: Maximiano viuse obrigado a abdicar, en tanto que Constantino foi degradado novamente a césar, e Licinio, un leal compañeiro de armas de Galerio, foi nomeado augusto de Occidente.[7][27]

Cuarta tetrarquía (308-311)

 
Follis cuñado en 309 na ceca de Aquileia a nome de Maxencio.[28]

A ceca de Aquileia produciu nesta cuarta etapa da súa existencia moedas de ouro e de prata, polo menos desde o outono de 307 ata a fin de 309.

O cuarto período tetrárquico comezou o 11 de novembro de 308 e rematou o 5 de maio de 311, cando Galerio morreu e Maximino Daia se apoderou do Oriente, deixando so a Licinio o Ilírico.[29] Italia, incluídas as cecas alí establecidas, ficaron en mans do usurpador Maxencio, fillo de Maximiano.

Quinta tetrarquía (311-313)

A produción da ceca de Aquileia durante a quinta tetrarquía parece que se limitou á cuñaxe dun múltiplo con valor dun sólido e medio, en ouro, sen emisión ningunha de prata, polo menos desde outubro de 312 ata maio de 313.

 
Follis cuñado ca. 312-313 na ceca de Aquileia a nome de Constantino I.[30]

O Imperio Romano dividiuse, unha vez máis, en catro partes: Maximino Daia e Licinio gobernaban en Oriente, Constantino e Maxencio en Occidente. En realidade, pouco despois Maximino, Constantino e Licinio uniron as súas forzas para derrotar o primeiro dos catro augustos: Maxencio, que agora era dono de Italia e África.[31] Así as cousasa, en 312, Constantino reuniu un grande exército co que avanzou cara a Italia a través dos Alpes,[5] ata se enfrontar contra o exército de Maxencio na decisiva batalla da Ponte Milvio[7], o 28 outubro dese mesmo ano. Como resultado, Maxencio foi capturado e asasinado.[32] Coa súa morte, toda Italia pasou a estar controlada por Constantino.Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; nomes non válidos, por exemplo, demasiados Despois, en febreiro de 313, Licinio e Constantino atopáronse en Mediolanum, onde estableceron unha alianza (reforzada polo matrimonio de Licinio coa irmá de Constantino, Flavia Xulia Constancia),[33][34][35][36][37][38][39] coas miras postas na eliminación do terceiro emperador, Maximino Daia. Licinio enfrontouse con el na batalla de Tzirallum o 30 de abril dese ano.[40][41][42]

Maximino Daia, morreu en agosto.[7][41] Quedaban, pois, só dous augustos: Constantino no Occidente e Licinio no Oriente.[43]

Diarquía Constantino-Licinio (313-324)

 
Follis cuñado en 322 na ceca de Aquileia a nome de Constantino I.[44]
 
Anverso dun múltiplo de sólido cuñado en 319 na ceca de Aquileia a nome de Licinio.

Con Constantino retomáronse xa en 313 as cuñaxes de moeda de bronce no terceiro obradoiro da ceca de Aquileia, en tanto que a emisión de moeda de prata practicamente non existiu e a de ouro foi ocasional, ata a reforma monetaria de Constantino de 318, cando se introduciu o sólido como unidade áurea.[16]

Durante once anos, o Imperio Romano estivo gobernado por Constantino e Licinio, e pouco máis tarde polos seus respectivos fillos. A partir de 317, logo dunha confrontación armada que tivo lugar en Mardia,[45] os seus augustos chegaron un acordo e asinaron unha tregua (o 1 de marzo de 317). Licino tivo que entregarlle o Ilirio a Constantino.[46] A cambio Licinio obtivo a posibilidade de gobernar autonomamente a súa parte do Impero, polo que xurdiron dous reinos separados, moi arredados do proxecto tetrárquico de Diocleciano, que prevía a unidade do Imperio. Coa fin da hostilidade entre os dous augustos elevaron ao rango de césares os seus respectivos fillos: Crispo (a quen se lle confiou a Galia) e Constantino II (fillos de Constantino), e Licinio II (de Licinio).[47][48][49][50][51]

Porén, anos máis tarde produciuse a confrontación final, cando en 323 unha horda de godos que decidiran cruzar o Danubio, intentaron arrasar os territorios romanos da Mesia inferior e da Tracia.[52] Constantino, informado da situación,[53] marchou contra eles e penetrou nos territorios do outro augusto, Licinio, de quen recibiu unha serie de protestas oficiais, e finalmente ambos acabaron por enfrontarse nunha guerra civil.[54] En 324 houbo unha serie de batallas favorables a Constantino (Adrianopolis,[55] Bizancio, Helesponto[56] e Crisopolis[57]) que levaron a Licinio a entregarse ao seu rival, quen inicialmente o enviou ao exilio como cidadán privado a Tesalónica,[58] aínda que foi asasinado o ano seguinte.[59][60]

Constantino converteuse, xa que logo, no único gobernante do mundo romano.[61][62][63][64][65][66][67] Por tal motivo, nas moedas cuñadas nos anos seguintes celebrouse a reunificación do Imperio coa inclusión da lenta RESTITUTOR ORBIS.[68][69]

Dinastía constantiniana (325-363)

Artigo principal: Moeda constantiniana.

A partir do mandato de Constantino I o Grande e ao longo de todo o século IV intensificouse a presenza imperial en Aquileia e déronse numerosos enfrontamentos sanguentos que resolveron disputas fratricidas, como a producida entre Constantino II e Constante I en 340, ou entre Constancio II e Magnencio en 351-352.[70][71][72][73]

A ceca de Aquileia foi inicialmente pechada por Constantino en 324, aínda que o mesmo emperador a reactivou unha década despois, en 334. Os seus tres obradoiros continuaron a cuñar moeda posteriormente ata 364, cando un deles foi clausurado.[4]

 
As fronteiras setentrionais e orientais á morte de Constantino I, cos territorios engadidos nos trinta anos de campañas militares (306-337), ademais da división do Imperio entre os seus fillos e netos: Constantino II (337-340), Constante I (337-350), Constancio II (337-361), Dalmacio César (335-337) e Anibaliano (335-337).

Constantino: da unificación á morte (325-337)

 
Reverso dun sólido cuñado ca. 340-350 na ceca de Aquileia a nome de Constantino I.

A fase desde a reunificación imperial ata a morte de Constantino o Grande (337), serviulle ao emperador cristián para levar a cabo unha organización civil e relixiosa, e tamén para consolidar o seu sistema defensivo ao longo dos cursos do Rin e do Danubio, o que o levou a acadar importante éxitos militares e a controlar territorios que xa foran romanos e que foran abandonados por Galieno e por Aureliano. Constantino continuou a utilizar como as súas residencias principais Serdica, Sirmium e Tesalónica, ademais de Nicomedia.

O 18 de setembro de 335, Constantino elevou o seu sobriño neto Dalmacio ao rango de Caesar e asignoulle a Tracia, Acaia e Macedonia (con probable capital en Naisso, na actual Serbia)[74], coa tarefa principal de defender esas provincias dos godos, que as ameazaban coas súas incursións.[75] Deste xeito, Constantino dividiu o Imperio en catro partes, tres para os seus fillos e unha para o seu sobriño. O nomeamento de Dalmacio, porén, debeu atopar a oposición do exército,[76] que revelou a súa preferencia polo acceso da liña dinástica directa ao trono.

Fillos e netos de Constantino (337-363)

 
Fracción de follis cuñado ca. 336-337 na ceca de Aquileia a nome de Dalmacio César.[77]

A situación logo do falecemento de Constantino o 22 de maio de 337, mentres estaba a preparar unha campaña militar contra os sasánidas, presentaba un poder repartido entre os seus fillos e o seu neto, todos co título de César. Deles, Constancio II (337-361), implicado na supervisión das fortificacións fronteirizas no norte de Mesopotamia,[78] regresou axiña a Constantinopla, onde organizou os actos funerarios do seu pai; con este xesto reforzou os seus dereitos como sucesor e obtivo o apoio do exército, compoñente fundamental da política de Constantino.

Durante o verán de 337 o exército masacrou os membros masculinos da dinastía constantiniana e outros membros destacados do Estado, e apenas sobreviviron os tres fillos de Constantino e dous dos seus sobriños pequenos (Galo e Xuliano, fillos do seu medio irmán Xulio Constancio) .[79] As motivacións deste masacre non son claras: segundo Eutropio, Constancio non estaba entre os seus promotores, aínda que o certo é que non amosou oposición nin condenou os asasinatos.[80] No entanto, para Zósimo o organizador foi Constancio.[81] En setembro do mesmo ano, os tres césares restantes (Dalmacio fora vítima da purga) reuníronse en Sirmium, en Pannonia, onde o 9 de setembro foron aclamados emperadores polo exército e repartiron entre eles o Imperio: Constancio viu recoñecida a súa soberanía sobre o Oriente.

A división do poder entre os irmáns non durou moito: Constantino II morreu en 340, mentres intentaba derrocar a Constante I; en 350, Constante foi derrocado polo usurpador Magnencio, e pouco despois Constancio II converteuse no único emperador, e reuniu unha vez máis o Imperio en 353). A partir de aí veu un período de 25 anos de guerras nos límites orientais contra os sasánidas, primeiro baixo Constancio II e despois baixo Xuliano (entre 337 e 363).[82]

En 361, Xuliano foi proclamado Augusto, César na Galia. O seu goberno durou só dous anos, aínda que tivo unha grande importancia, tanto polos seus intentos de establecer un sistema relixioso politeísta (por iso se lle chamou o Apóstata) como pola campaña militar emprendida polos sasánidas.

As cuñaxes realizadas polos descendentes de Constantino en Aquileia producíronse unicamente en dous obradoiros.[16]

De Valente a Valentiniano III (364-452)

 
Ás cuñado ca. 387-388 na ceca de Aquileia a nome de Flavio Vítor.[83]

No período valentiniano producíronse coidadas emisións nos tres metais, para o que se determinou unha transferencia de traballadores desde a ceca de Rávena en 402, logo da derradeira emisión alí de sólidos a nome de Arcadio e Honorio.[84]

Estas décadas caracterizáronse por episodios de usurpación alternados na cidade de Aquileia: Teodosio I derrotou a Magno Máximo (en 388)[85], e Valentiniano III matou a Xoán Primicerius no circo de Aquileia (en 425)[86]. Este último, consonte algúns autores, podería ser o derradeiro de funcionamento da ceca de Aquileia,[87][84] malia coñecerse algunhas moedas pertencentes a Gala Placidia datables no período 425-437[88] e outras a nome de Valentiniano III (de 425-452)[89] que suxerirían un pechamento posterior.[4]

Marcas de ceca

No século e medio que a ceca permaneceu operativa utilizou diversas marcas de ceca, entre as que son frecuentes as seguintes: AQ (Aquileia); SMAQ (Sacra Moneta Aquileiae); AQA (Aquileia, primeiro obradoiro); AQB (Aquileia, segundo obradoiro); AQP ou AQUILP ou SMAQP (Aquileia Prima [officina]); AQMOS ou AQS ou AQUILS ou SMAQS (Aquileia Moneta Secunda [officina]); AQT ou AQG (con numeral grego) ou AQUILT ou SMAT ou TAQ (AQuileia Tertia [officina]); AQOB (Aquileia Obrizyacum = "ouro fino"); AQPS (Aquileia Pustulatum = "prata fina"); AQUIL; unha aguia dentro dunha grilanda; COM OB AQ (Comes Obrizyacum Aquileiae = "a cargo do ouro puro"); MAQ (Moneta Aquileiae), etc.[2][90]

Período Ouro Prata Bronce
294-367 AQ, MAQ, MAQ AQ, LXAQ, MAQ, SMAQ, TAQ
367-425 AQOB,COM, COMOB, COMOB AQ AQ,AQPS
394-437 AQ, SMAQ
361-364 AQVIL

Edificio

As investigacións arqueolóxicas aínda non localizaron con certeza o antigo edifico da ceca de Aquileia. Consonte o que sucedeu paralelamente coa ceca de Mediolanum, a outra capital do período tetrárquico, resulta previsible que se situase non lonxe do foro. [13]

Notas

  1. RIC VI 35b.
  2. 2,0 2,1 "Ceca de Aquileia". Tesorillo.com
  3. 3,0 3,1 Humphrey, J. H. (1986). Páxina 625.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Knowing the Roman imperial mints: X- Aquileia". Aeternitas Numismatics.
  5. 5,0 5,1 Zósimo. Hitoria nova. II, 15, 1.
  6. Panegyrici latini. IV, 27.1; XII, 11.1.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Eutropio. Breviarium historiae romanae. X, 4.
  8. Zósimo. Hitoria nova, II, 16.
  9. Aurelio Víctor, Epitome, XL; 23.
  10. Panegyrici latini, IX, 16 ss.
  11. Barnes, T. D. (1982). Páxinas 42-44.
  12. Décimo Magno Ausonio, Ordo urbium nobilium, 9, 64-67.
  13. 13,0 13,1 Ulrich-Bansa, O. (1934-1947).
  14. RIC VI 37a.
  15. 15,0 15,1 15,2 Eutropio. Breviarium historiae romanae, IX, 27.
  16. 16,0 16,1 16,2 Gorini, G. (1985). Páxina 525.
  17. RIC VI 66b.
  18. 18,0 18,1 18,2 Eutropio. Breviarium historiae romanae, X, 1.
  19. 19,0 19,1 Zósimo. Hitoria nova II, 8, 1.
  20. 20,0 20,1 20,2 Eutropio. Breviarium historiae romanae, X, 2.
  21. 21,0 21,1 Zósimo. Hitoria nova II, 2, 9, 1.
  22. RIC VI 76b.
  23. Zósimo. Hitoria nova II, 2, 10, 1.
  24. Zósimo. Hitoria nova II, 2, 10, 2.
  25. Orosio. Historiarum adversum paganos. VII, 28, 8.
  26. Aurelio Víctor, [http://www.thelatinlibrary.com/victor .caes.html De Caesaribus]; XL, 7.
  27. Zósimo. Hitoria nova II, 2, 11, 1.
  28. RIC VI 125.
  29. Lactancio, De mortibus persecutorum. XXXII, 4.
  30. RIC VI 139b.
  31. Zósimo. Hitoria nova II, 2, 14, 4.
  32. Zósimo. Hitoria nova II, 2, 16, 1-4.
  33. Eutropio. Breviarium historiae romanae, X, 5.
  34. Zósimo. Hitoria nova II, 2, 17, 2.
  35. Lactancio, De mortibus persecutorum. XLIII, 2; XLV, 1.
  36. Annales Valesiani. V,13.28.
  37. Aurelio Víctor, De Caesaribus, XLI, 2.; Epitome, XLI, 4.
  38. Sócrates Escolástico. [https://www.newadvent.org/fathers/2601.htm Historia Ecclesiastica]. I, 2, 25.
  39. Orosio. Historiarum adversum paganos libri. VII, 28, 19
  40. Lactancio, De mortibus persecutorum. 46 e 47.
  41. 41,0 41,1 Zósimo. Hitoria nova. II, 17.3.
  42. Eusebio de Cesarea. ?????s?ast??? ?st???a / Historia Ecclesiae. IX, 10.2-4.
  43. Zósimo. [http://www.tertullian.org/fathers/ zosimus02_book2.htm Hitoria nova]. II, 18.1.
  44. RIC VII 104.
  45. Zósimo. Hitoria nova. II, 19, 1-3.
  46. Zósimo. Hitoria nova. II, 20, 1.
  47. Horst, E. (1987). Páxina 211.
  48. Annales Valesiani. 19.
  49. Aurelio Víctor, De Caesaribus, XLI, 5.; Epitome, XLI, 4.
  50. Zósimo. Hitoria nova. II, 20, 2.
  51. L'Année épigraphique. 2006, 440.
  52. Annales Valesiani. V,21.
  53. Zósimo. Hitoria nova. II, 22, 3.
  54. Horst, E. (1987). Páxinas 242-244.
  55. Zósimo. Hitoria nova. II, 22, 3-7.
  56. Zósimo. Hitoria nova. II, 23-24.
  57. Zósimo. Hitoria nova. II, 26.
  58. Zósimo. Hitoria nova. II, 28.
  59. Annales Valesiani. 5.29.
  60. Sócrates Escolástico. Historia Ecclesiastica. I, 4.4.
  61. Eutropio. Breviarium historiae romanae, X, 6, 1.
  62. Annales Valesiani. V, 28,29.
  63. Aurelio Víctor, De Caesaribus, XLI, 8-9.; Epitome, XLI, 7-8.
  64. Sócrates Escolástico. Historia Ecclesiastica. I 4.
  65. Zósimo. Hitoria nova. II, 29, 1.
  66. Sozomeno. Historia Ecclesiastica. 1 7,5.
  67. Xordanes. [https://web.archive.org/web/20130626172047/http://www.dmgh.de/de/fs1/object/display/bsb000007 92_00003.html?sortIndex=010%3A010%3A0005%3A010%3A01%3A00 Getica]. III.
  68. L'Année épigraphique. 1974, 693.
  69. CIL XI, 6648.
  70. Eutropio. Breviarium historiae romanae, X, 12.
  71. Zósimo. Hitoria nova. II, 43.
  72. Codex Theodosianus. XV, 14.5 do 3 de novembro de 352.
  73. Sozomeno. Historia Ecclesiastica. IV, 4.
  74. Barnes, T. D. (1982). Páxina 87.
  75. Annales Valesiani, XXXV.
  76. Aurelio Vítor, Liber de Caesaribus, XLI, 15: «obsistentibus valide militaribus».
  77. RIC VII 142.
  78. Cameron, A.; Garnsey, P. (1998). Páxina 12.
  79. En particular, foron asasinados os medios irmáns de Constantino I, Xulio Constancio, Nepociano e Dalmacio; algúns dos seus fillos, como Dalmacio César e Anibaliano, e algúns funcionarios, como Optato e Ablabio.
  80. Eutropio. Breviarium historiae romanae. X.9.
  81. Zósimo. [http://www.tertu llian.org/fathers/zosimus01_book1.htm Storia nuova], II, 40.
  82. Whittaker, C. R. (1997). Páxina 143.
  83. RIC IX 55b.
  84. 84,0 84,1 Gorini, G. (1985). Páxina 526.
  85. Zósimo. Hitoria nova. IV, 45.4; 46.2.
  86. Procopio de Cesarea. La Guerra Vandalica. I, 3.9
  87. Bertacchi, L. (1990). Páxina 209.
  88. RIC X, 1804 e 1808.
  89. RIC X, 2104.
  90. "Aquileia: near Trieste, Italy". Forum Ancient Coins.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Fontes primarias

Fontes historiográficas modernas

  • Barnes, T. D. (1982). The New Empire of Diocletian and Constantine. Harvard University Press. ISBN 9780674280670
  • Bertacchi, L. (1990). "Aquileia: l'organizzazione urbanistica". En Sena Chiesa, G. Milano capitale dell'Impero romani (286-402 d.C.). Ed. Silvana. Milán. Páxinas 209-212.
  • Bury, J. B. et al. (1925). The Cambridge Ancient History, Volume XIII, The Late Empire 337-425. Cambridge University Press. ISBN 0-521-30200-5
  • Gorini, G. (1985). "Le monete di Aquileia nella Dalmazia e nell'Illirico". En Antichità Altoadriatiche XXVI. Aquileia, la Dalmazia e l'Illirico. Vol. II. 1985. Edizioni Università di Trieste. Páxinas 525-544.
  • Horst, E. (1987). Costantino il grande. Milán. Rusconi.
  • Humphrey, J. H. (1986). Roman Circuses. B. T. Batsford. ISBN 9780713421163.
  • (RIC): Roman Imperial Coinage (1923-1994). 10 volumes.
  • Ulrich-Bansa, O. (1934-1947). "Note sulla zecca di Aquileia romana". En Aquileia nostra: Vol. V-VI (1934-1935), páxinas 3-30); VI-VII (1936-1937), páxinas 77-100; VIII-IX (1938-1939), páxinas 1-20); X (1939), páxinas 37-64; XVIII (1947), páxinas 3-12.
  • Whittaker, C. R. (1997). Frontiers of the Roman Empire. A social and economic study. Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0801857850

Modelo:ORDENAFR:Aquileia, ceca de