Mar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Viaxes: poño foto
m →‎Viaxes: arranxiño
Liña 321:
 
Os [[veleiro]]s e [[paquebote]]s transportaban correo ao estranxeiro, sendo un dos primeiros o servizo neerlandés a [[Iacarta|Batavia]] na década de 1670.<ref>{{cita libro |título=Calendar of state papers, domestic series, of the reign of Charles II: preserved in the state paper department of Her Majesty's Public Record Office, Volume 1 |autor=Public Record Office |ano=1860 |editorial=Longman, Green, Longman & Roberts |url=https://books.google.com/?id=0_JVAAAAYAAJ }}</ref> Pronto engadiron aloxamento para pasaxeiros, pero en condicións de amontoamento. Máis tarde, ofrecéronse servizos programados, aínda que o tempo de viaxe dependía moito do clima. Cando os barcos de vapor substituíron aos veleiros, os navíos [[transatlántico]]s asumiron a tarefa de transportar ás persoas. A principios do século XX, cruzar o Atlántico duraba ao redor de cinco días e as compañías navieiras competían por ter os barcos máis grandes e rápidos. O [[Blue Riband]] era un galardón non oficial outorgado ao transatlántico máis rápido que cruzase o Atlántico en servizo regular. Entregado por vez primeira en 1830 ao ''Columbia'' por unha travesía de case 16 días, o ''[[RMS Mauretania|Mauretania]]'' retuvó o título con 4 días e 19 horas (48.26 km/ h) durante case vinte anos desde 1909.<ref>{{cita web |url=http://www.greatships.net/riband.html |título=The Blue Riband of the North Atlantic |autor=Newman, Jeff |editor=Great Ships |data-acceso= 16 de xullo do 2020}}</ref> O Trofeo Hales, outro premio pola travesía comercial máis rápida do Atlántico, foi gañado polo ''SS United States'' en 1952 por unha viaxe que levou tres días, dez horas e corenta minutos.<ref>{{cita publicación periódica |autor=Smith, Jack |ano=1985 |título=Hales Trophy, won in 1952 by ''SS United States'' remains at King's Point as ''Challenger'' succumbs to the sea |xornal=Yachting |issue=November |páxina=121 |url= https://books.google.com/?id=BLg5v41rbmEC&pg=PA121&dq=%22Hales+trophy%22+United+States#v=onepage&q=%22Hales%20trophy%22%20United%20States&f=false }}</ref>
[[Ficheiro:Refugees crossing the Mediterranean sea on a boat, heading from Turkish coast to the northeastern Greek island of Lesbos, 29 January 2016.jpg|miniatura|Refuxiados que tentan cruzar nun bote o mar Mediterráneo e dirixirse desde a [[TurquiaTurquía|costa turca]] ata a illa de [[Lesbos]], no nordés de [[Grecia]]]]
Os grandes barcos de liña eran cómodos pero caros en combustible e en persoal. A idade dos transatlánticos diminuíu a medida que se dispoñía de voos intercontinentais baratos. En 1958, un servizo aéreo regular programado entre Nova York e París que demoraba sete horas condenou ao servizo de transbordadores do Atlántico ao esquecemento. Un a un, os barcos foron apartados, algúns foron despezados, outros se converteron en cruceiros para a industria do lecer e outros, mesmo, en hoteis flotantes.<ref>{{cita publicación periódica |autor=Norris, Gregory J. |ano=1981 |título=Evolution of cruising |xornal=Cruise Travel |issue=Decembro |páxina=28 |url=https://books.google.com/?id=IDEDAAAAMBAJ&lpg=PA28&dq=The+Evolution+of+the+Transatlantic+Liner&pg=PA28#v=onepage&q=The%20Evolution%20of%20the%20Transatlantic%20Liner&f=false }}</ref> O mar segue sendo unha ruta pola que os [[refuxiado]]s viaxan en pequenas embarcacións, ás veces pouco aptas para navegar, a miúdo pagando diñeiro aos [[Tráfico de persoas|traficantes de persoas]] pola súa pasaxe. Algúns poden estar a fuxir da persecución, pero a maioría son [[Pobreza|inmigrantes económicos]] que tentan chegar a países onde cren que as súas perspectivas son mellores.<ref>{{cita novas |título=No evidence to support Foreign Minister Bob Carr's economic migrants claims |url=http://www.abc.net.au/news/2013-08-14/no-evidence-bob-carr-economic-migrants/4821544 |xornal=ABC News |data=15 de agosto de 2013 |data-acceso= 16 de xullo do 2020}}</ref>