Diferenzas entre revisións de «Ramones»

m
O grupo non volveu gravar ata [[1983]], cando foi emitido ''Subterranean Jungle'', un álbum que trouxo aparellado distintas polémicas entre os seus seguidores e pelexas internas entre Dee Dee, Joey e Johnny. Ao mesmo tempo, Marky Ramone deixou a banda por problemas de [[alcoholismo]] durante a gravación do disco polo cal Billy Rogers debeu tocar a batería no tema "Time Has Come Today".
 
Pouco despois ese ano, Johnny debeu ser operado e estivo a piques de morrer por mor dunha pelexa. Como consecuencia das saídas de Marky e Johnny (aínda que este último temporalmente), a continuidade d'Os Ramones cambaleou. Con todo, o lugar da batería foi ocupado por Richard Reinhardt ([[Richie Ramone]]) e dous anos máis tarde, con Johnny Ramone finalmente recuperado, saíu á venda ''Too Tough to Die'' (en galego "demasiado forte para morrer", nome elixido en honra ao incidente de Johnny). Deste disco tamén saíu o seu primeiro número un nunnunha rankingclasificación, "Howling at the Moon".
 
No ano [[1986]] Os Ramones lanzaron o seu noveno álbum de estudo, ''Animal Boy'', un disco endurecido e con son máis [[heavy]]. Ademais, o grupo obtivo o premio "single do ano" nos New York Music Awards grazas a "Bonzo Goes to Bitburg" (renombrado para os Estados Unidos "My Brain Is Hanging Upside Down"), un tema que trataba sobre a recente visita do presidente norteamericano [[Ronald Reagan]] ao cemiterio de [[Bitburg]] onde foran enterrados varios dos falecidos membros da SS nazi. Un anos despois, ''Animal Boy'' gañou o premio a mellor álbum no New York Music Awards. Nese mesmo ano, o grupo lanzou ''Halfway to Sanity'' onde [[Debbie Harry]], cantante de Blondie, prestou a súa colaboración para a canción "Go Lil' Camaro Go".
4.682

edicións