Real Club Celta de Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Nonso91 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 28:
O '''Real Club Celta de Vigo S.A.D.''', coñecido popularmente como '''Celta''', é un equipo de [[fútbol]] [[Galicia|galego]] fundado na cidade de [[Vigo]] o [[23 de agosto]] de [[1923]] por unión do [[Real Vigo Sporting Club]] e o [[Real Club Fortuna de Vigo]]. Disputa os seus partidos no [[Estadio Municipal de Balaídos|estadio de Balaídos]], inaugurado o [[30 de decembro]] de [[1928]].
 
O [[3 de xuño]] de [[2012]] conseguiu volver á [[Primeira División Española|primeira división]] logo de descender na tempada [[Primeira división española 2006/07|2006-07]] tras quedar 18º. Disputou 46 tempadas en primeira, sendo o equipo galego con máis tempadas na máxima categoría. Ocupa o décimo segundo posto na [[Clasificación histórica da Primeira división española de fútbol|clasificación histórica de primeira]]. Mantén historicamente unha gran rivalidade co [[Deportivo da Coruña]]. Os encontros disputados entre os dous equipos adóitanse chamar o ''[[Derbi galego|Derbi Galego]]''. Ten tamén unha histórica rivalidade co [[Pontevedra CF]].
 
Entre os seus logros cabe destacar 3 subcampionatos da [[Copa do Rei de fútbol|copa do rei]],<ref name="CIS">{{cita web|autor=Centro de Investigaciones Sociológicas|url=http://www.cis.es/cis/export/sites/default/-Archivos/Marginales/2700_2719/2705/Es2705mar_A.pdf|título=Barómetro de mayo|ano=[[2007]]|dataacceso=[[16 de marzo]] de [[2013]]}}</ref> unha [[Copa Intertoto]],<ref>{{Cita novas|apelido=Villarino|nome= Xulio| url= http://www.lavozdegalicia.es/noticia/gradario/hemeroteca/2016/08/21/celta-ganaba-intertoto-dia-hoy/00031471813020479910922.htm |título= El Celta ganaba la Intertoto tal día como hoy|data= 22 de agosto de 2017|dataacceso= 12 de xuño de 2018}}</ref> 7 clasificacións para a [[Copa da UEFA]], unha para a [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]] na tempada [[2003]]-[[2004|04]], na que caeu eliminado en oitavos de final polo [[Arsenal F.C.|Arsenal FC]] e a clasificación histórica do 20 de abril para as semifinais da [[Liga Europa]], tras gañar ao [[KRC Genk|Genk]] belga 3-2 na casa e quedar 1-1 no Luminus Arena. É o décimo equipo en número de afeccionados do [[España|Estado español]] (2,2%), segundo unha enquisa do CIS de [[maio]] de [[2007]].
Liña 37:
A tradición futbolística en [[Galicia]] data de comezos do [[século XX]]. Foi en [[Vigo]] onde esta modalidade deportiva tivo as súas primeiras manifestacións: comezou a practicarse nos xa desaparecidos peiraos da cidade, difundido polos empregados británicos da empresa Eastern Telegraph Company Ltd., instalada en [[1873]] en Vigo para encargarse da instalación do cable telegráfico entre [[Gran Bretaña]] e a [[Península Ibérica|península]]. Esta empresa promovería en [[1895]] o primeiro equipo estábel da cidade do que se ten constancia na prensa, o [[Exiles Cable Club]]. Este equipo disputou varios encontros contra tripulacións mercantes e militares británicas de paso pola cidade. Ó pouco tempo naceron sociedades mixtas de galegos e británicos como o ''Petit FC''.
[[Ficheiro:Manuel de Castro González.jpg|miniatura|200px|esquerda|[[Manuel de Castro González|Manuel de Castro ''Handicap'']], principal promotor do club.]]
En [[1905]],<ref>{{cita web|autor=R.C. Celta de Vigo|url=http://www.celtavigo.net/gl/component/content/article/55-historia/5520-1923-nace-o-celta-de-vigo|título=Nace o Celta de Vigo|dataacceso=[[16 de marzo]] de [[2013]]|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130626013142/http://www.celtavigo.net/gl/component/content/article/55-historia/5520-1923-nace-o-celta-de-vigo|dataarquivo=26 de xuño de 2013|urlmorta=si}}</ref> a imaxe e semellanza doutras cidades como [[Barcelona]], constituíronse en [[Vigo]] dous clubs de fútbol de primeira categoría: o [[Vigo Foot-ball Club]] e o [[Real Club Fortuna de Vigo|Fortuna Foot-ball Club]]. O Vigo FC seguiu un proceso de fusións con outros equipos da cidade como o ''New Club'' en [[1906]] ou o ''Sporting Club'' en [[1911]] para dar lugar definitivamente ó [[Real Vigo Sporting Club]] en [[1914]]. Pola súa banda o Fortuna FC non sufriu case cambios de nome, quedando definitivamente co nome de [[Real Club Fortuna de Vigo]] en [[1908]]. Dende sempre ámbolos dous equipos se revelaron coma rivais de potencia semellante, e os seus enfrontamentos xeraban grandes movementos de masas de seareiros. O seu prestixio adquiriu ampla dimensión en todo o país, e a preponderancia foi tan notoria que a partir de [[1906]] e até [[1923]] algún dos dous equipos vigueses foi sempre sen interrupción gañador do [[Campionato de Galicia de fútbol|Campionato de Galicia]]. Este momento de auxe do fútbol en [[Vigo]] viuse reforzado tamén en [[1922]] cacoa disputa no [[campo de Coia]] da final da [[Copa do Rei de fútbol|copa do rei]] entre o [[FC Barcelona]] e o [[Real Unión de Irún]], encontro no que vencerían os cataláns por 5-1.
 
O [[10 de agosto]] de [[1923]], co gallo de fortalecer a categoría do fútbol vigués,<ref name="Club">{{cita web|autor=R.C. Celta de Vigo|url=http://www.celtavigo.net/gl/club|título=Real Club Celta de Vigo S.A.D.|dataacceso=[[16 de marzo]] de [[2013]]|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20121216194907/http://www.celtavigo.net/gl/club|dataarquivo=16 de decembro de 2012|urlmorta=si}}</ref> os dous equipos fusionáronse creando deste xeito o Club Celta da man de [[Manuel de Castro González|Manuel de Castro ''Handicap'']] (Vicepresidente do Vigo Sporting), [[Juan Baliño Ledo]] (secretario do Concello) e [[Pepe Bar]] (adestrador do Fortuna), principais promotores do proxecto.
Liña 267:
|informe = http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1994/04/21/pagina-17/1286534/pdf.html
}}
<br/>A Lei do Deporte obrigaba aos equipos,<ref>{{cita novas|autor=Axencias|xornal=[[Mundo Deportivo]]|título=Arden Sevilla y Vigo|url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1995/08/02/pagina-16/1482161/pdf.html|data=[[2 de agosto]] de [[1995]]|dataacceso=[[17 de marzo]] de [[2013]]|lingua=castelán}}</ref> que se converteran gradualmente en [[Sociedade anónima deportiva|Sociedades Anónimas Deportivas]], a presentar uns avais como previsión de débedas antes do [[1 de agosto]] de [[1995]]. Por causas diversas, o [[Sevilla Fútbol Club|Sevilla FC]] e o Celta de Vigo non puideron cumprir tales prazos, polo que foron descendidos administrativamente á [[Segunda División B|segunda división B]]. Decenas de miles de afeccionados de ámbolos clubs botáronse á rúa repetidas veces para defender os intereses dos seus equipos. A pesar de que se solicitou un tempo de espera para a constatación da ausencia destes avais, a Federación dende un primeiro momento entregou as prazas ó [[Real Valladolid]] e ó [[Albacete Balompié]], quen tiña que descender ese ano. Ó final, a presión das afeccións conseguiu facer retractarse á Federación e esta terminou admitindo aos catro clubs en [[Primeira división española|primeira división]], formando unha liga de vinte e dous equipos que tivo dous anos de vida.
 
=== A mellor etapa ===
Liña 303:
O éxito é aínda maior se se ten en conta que na tempada do retorno, o Celta venceu en campos como o [[Estadio Santiago Bernabéu|Santiago Bernabéu]], [[Estadio Municipal de Riazor|Riazor]], [[Estadio Vicente Calderón|Vicente Calderón]] ou [[Estadio Manuel Ruiz de Lopera|Ruiz de Lopera]].
 
Na seguinte tempada mantívose o bloque, dirixido como na campaña previa por Vázquez. O equipo amosou unha grande irregularidade tanto no seu xogo como nos resultados. O brillante inicio de campaña levado lonxe de Balaídos quedou embazado no seu propio estadio onde con Fernando Vázquez só se conseguiu un triunfo en toda a tempada, o que levou á destitución do técnico galego e á contratación do ex-futbolistaexfutbolista do [[FC Barcelona]], membro do "Dream Team" e [[Balón de Ouro]], [[Hristo Stoichkov]]. O búlgaro, quen só tiña experiencia como adestrador como seleccionador de {{sel|Bulgaria}}, debutou con triunfo e ilusionando á afección coa loita pola salvación. Con todo, o equipo non aproveitou oportunidades que lle valían para acadar a permanencia, como o partido fronte a un rival directo pola salvación, a [[Real Sociedad]]. Aínda que mantivo a esperanza de eludir o descenso ata a última xornada, conservando posibilidades matemáticas aínda que sen depender de si mesmo, este consumouse finalmente. O Celta venceu 2-1 ó [[Getafe CF]] ante un estadio case abarrotado, pero non foi suficiente dados os triunfos do [[Athletic Club]] e o [[Real Betis Balompié|Betis]], que conseguiron así manter a categoría.
 
{{O Celta do retorno á Copa da UEFA}}
Liña 318:
A mala tempada [[Segunda división española 2007/08|2007-08]] trouxo consigo unha nova reestruturación do cadro de xogadores. Apostouse por futbolistas galegos dando continuidade a [[Rubén González Rocha|Rubén]], [[Dani Abalo]], [[Roberto Lago]] e [[Jonathan Vila]]; mais as fichaxes de [[Francisco Noguerol|Noguerol]] e [[Roberto Trashorras|Trashorras]] e a volta de [[Borja Oubiña]], que fora cedido ó [[Birmingham City Football Club|Birmingham City]]. A canteira tamén contribuíu a galeguización do equipo coa promoción de [[Iago Aspas]], que tivo un importante papel na salvación do celta no derradeiro partido de liga con dous goles fronte o [[Deportivo Alavés|Alavés]].
 
Así, na [[Segunda división española 2008/09|tempada 2008-09]],<ref>{{cita novas|autor=Redacción|xornal=[[Faro de Vigo]]|título=El Celta culmina el proceso concursal|url=http://www.farodevigo.es/deportes/2009/06/30/deportes-celta-culmina-proceso-concursal/343560.html|data=[[30 de xuño]] de [[2009]]|dataacceso=[[17 de marzo]] de [[2013]]|lingua=castelán}}</ref> o Celta completaría unha boa primeira volta, estando no grupo de aspirantes ó ascenso malia comezar a tempada con moi mal pé perdendo os tres primeiros encontros. A segunda volta, con todo, foi unha verdadeira costa abaixo para o equipo, pasando de estar a un punto dos postos de ascenso a pasar varias xornadas en descenso e salvarse nas últimas xornadas de liga. A causa do mal tramo ligueiro o adestrador, [[Pepe Murcia]], foi destituído e [[Eusebio Sacristán]], que fora xogador do Celta entre [[Segunda división española 1995/96|1995]] e [[Segunda división española 1996/97|1997]], pasou a ocupar o cargo. Na penúltima xornada e grazas a dous tantos do canteirán Iago Aspas, no seu debut, o club certificou a permanencia nunha tempada desastrosa que a piques estivo de significar o descenso á [[Segunda División B|segunda división B]] e a desaparición do club por mor dos problemas económicos. Nesta tempada tamén saíu á luz a débeda do club, que aproximadamente ascendía a 69 millóns de euros. Grazas a permanencia púidose completar a lei concursal coa que se conseguiu reducila a menos da metade: 30 millóns de euros.
 
Para preparar a [[Segunda división española 2009/10|tempada 2009-10]] o Celta decide cambiar de rumbo na súa política de fichaxes e comeza a apostar decididamente pola canteira. [[Iago Aspas]], [[Hugo Mallo]], [[Antonio Rodríguez Dovale|Toni]] e [[Andrés Túñez|Túñez]] comezan a ter un gran protagonismo no primeiro equipo. Con Eusebio no banco como adestrador, o club comezaría a liga perdendo na casa ante o [[CD Numancia|Numancia]], empatando os dous seguintes encontros e perdendo de novo outros dous partidos, esta vez ante o [[Córdoba CF|Córdoba]] e o [[Hércules CF|Hércules]]. Este mal inicio lastraría toda a tempada, cos olívicos manténdose durante case toda a primeira volta entre os postos máis baixos da táboa. Con todo o Celta conseguiría remontar postos e acabar finalmente na décimo segunda posición.
Liña 343:
 
=== Novo adestrador e regreso a Europa ===
No verán de 2014 o Celta ficha o ex- xogador celeste [[Eduardo Berizzo]] para substituír a Luis Enrique que foi fichado polo [[FC Barcelona]]. O técnico arxentino mantivo a liña ascendente do equipo que o levou a clasificarse para disputar a [[Europa League]] na tempada [[Primeira división española 2015/16|2015/16]]. A tempada seguinte foi histórica ó acadarse as semifinais da [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]] e na [[Europa League]], pasando épicos encontros coma a eliminatoria ante o [[Real Madrid]]<ref>{{Cita web|url=https://www.marca.com/eventos/marcador/futbol/2016_17/copa/cuartos/vuelta/cel_rma/|data=2017-01-24|páxina-web=MARCA.com|título=Celta vs Real Madrid: La flor pierde un pétalo|data-acceso=2019-01-23}}</ref> na Copa do Rei ou ante o [[Shakhtar Donetsk]]<ref>{{Cita web|url=https://www.marca.com/eventos/marcador/futbol/2016_17/europa_league/dieciseisavos/vuelta/sha_cel/|data=2017-02-22|páxina-web=MARCA.com|título=Shakhtar D. vs Celta: El Celta se hace grande en Europa|data-acceso=2019-01-23}}</ref> na competición europea, porén caeu eliminado ante [[Deportivo Alavés]] e ante o poderoso [[Manchester United]] respectivamente. Estes éxitos tiveron consecuencias no campionato ligueiro ó priorizardar prioridade estas competicións, co que non se acadou o obxectivo de clasificarse de novo para competición europea. A final da tempada o adestrador arxentino decidiu rematar a súa etapa no club galego.
 
== Escudo e cores ==
Liña 2.984:
Dende o ano [[2011]] o Celta tamén compite na [[Liga española de fútbol indoor]]. Se ben o ano do seu debut non pasou da fase de grupos, demostrou unha gran progresión nesta competición, ó chegar a semifinais na tempada 2011-2012 onde foi eliminado polo [[Real Madrid]], quen sería o campión<ref>{{Cita web |url=http://www.ligafutbolindoor.com/index.php?p=clasificacion&u=5 |título=Copia arquivada |data-acceso=23 de marzo de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130613213020/http://ligafutbolindoor.com/index.php?p=clasificacion&u=5 |dataarquivo=13 de xuño de 2013 |urlmorta=si }}</ref>. Esta melloría chegou ó apoxeo cando na terceira tempada se declarou campión do torneo gañandolle a final ó [[Real Valladolid]] e sendo o celtista [[Jacobo Campos]] o mellor xogador da Liga Fertiberia de Fútbol Indoor.
 
O equipo está adestrado por [[Ramon Carnero|Moncho Carnero]] e formado polos seguintes ex-futbolistasexfutbolistas profesionais:
 
* ''Actualizado a [[17 de xuño]] de [[2013]].''