Guillermo Santoro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
completo algúns datos e referencias.
unha precisión xeográfica
Liña 7:
Como membro dese grupo armado, Santoro participou en distintos atentados en xuño de 1960 contra [[Estación de ferrocarril|estacións ferroviarias]] en [[Barcelona]], [[Bilbao]] e [[Donostia]], mais só neste último houbo vítimas mortais. O 25 de xuño de [[1960]] Santoro mercou unha maleta en Donostia<ref name=":0" />, encheuna de explosivos e levouna o día 26 á [[Estación de tren de Donostia|estación de tren de Amara]], en Donostia. A maleta foi detonada na consigna da estación o 27 de xuño de 1960, e causou seis feridos<ref>{{Cita web|título=Podcast del centro memorial sobre el caso Begoña Urroz|páxina-web=Fundación Centro para la Memoria de las Víctimas del Terrorismo|url=http://www.memorialvt.com/podcast-del-centro-memorial-sobre-el-caso-begona-urroz/|data-acceso=2020-06-24|lingua=es-ES}}</ref> e a morte dunha nena de 20 meses<ref name=":0" />. A acción foi reivindicada días despois polo líder do DRIL, [[Henrique Galvão]], e con todo durante moitos anos tívose como un atentado da [[Euskadi Ta Askatasuna|ETA]]<ref name=":0" />.
 
No atentado, Santoro supostamente colaborou con outro membro do DRIL, Reyes Marín<ref name=":0" /> e con Arturo González-Mata<ref name=":1">{{Cita web|título=Informe revela nexos entre organización terrorista española y 'Che' Guevara|url=https://es.theepochtimes.com/informe-revela-nexos-entre-organizacion-terrorista-espanola-y-che-guevara_492882.html|páxina-web=La Gran Época|data=2019-07-01|data-acceso=2020-06-24|lingua=en-US}}</ref>. Con el fuxiu a [[Tolosa, Francia|Tolosa]]<ref name=":1" />, e de aí a [[Bélxica]], onde en [[Liexa|Liège]] foi detido pola policía belga en agosto de 1960<ref name=":0" />. Durante a detención a policía belga apreixou armas e explosivos. O goberno español reclamou a súa extradición, pero nunca se produciu. Un informe da CIA, posterior a agosto de 1960, sitúao en [[República Federal Alemá|Alemaña]]<ref>{{Cita audiovisual|título=[Informe da CIA]|autor=CIA|url=https://e00-elmundo.uecdn.es/assets/multimedia/imagenes/2019/06/28/15617535981333.jpg|data=Non dispoñible [posterior a agosto de 1960]|medio=}}</ref>, pero non o sitúa entre os que foran arrestados en Bélxica. En 1978, [[José Fernando Fernández Vázquez|José Fernández]], Comandante Sotomayor, antigo dirixente do DRIL, sinalou nas súas memorias que a autoría do atentado fora de Guillermo Santoro.
 
Guillermo Santoro continuou a vivir en Francia, onde chegou a ter unha empresa ao seu nome<ref>{{Cita web|título=Monsieur Guillermo Santoro Sánchez (Les Belleville) Chiffre d'affaires, résultat, bilans sur SOCIETE.COM - 342543204|url=https://www.societe.com/societe/monsieur-guillermo-santoro-sanchez-342543204.html|páxina-web=www.societe.com|data-acceso=2020-06-24}}</ref> preto da fronteira con Italia e Suíza. Volveu a [[Vigo]], onde faleceu en 2012.