Fusión nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot: Cambiada Category:Física nuclear
Prevert (conversa | contribucións)
m corrixo ligazón de homónimos, hidróxeno (elemento)
Liña 2:
A '''fusión nuclear''' é un [[proceso físico]] durante o que se xuntan dous ou máis [[átomo]]s e forman outro átomo de maior número atómico. A fusión nuclear só acontece a temperaturas de varios millóns de [[grao (temperatura)|grao]]s e vai seguida dunha enorme liberación de enerxía.
 
O principal tipo de fusión que ocorre no interior das ''estrela''s é o de [[hidróxeno (elemento)|hidróxeno]] en [[helio]], onde catro [[átomo]]s de hidróxeno se xuntan para formar un átomo de helio. Mais como a [[masa atómica|masa]] dun átomo de '''He''' é lixeiramente menor que a dos catro átomos de '''H''', esa diferenza é compensada liberándose [[enerxía]], de acordo coa famosa ecuación E=mc<sup>2</sup> de [[Einstein]].
 
A reacción de fusión nas [[estrela]]s iníciase coa combinación de catro [[núcleo]]s de hidróxeno-1 ([[protón]]s) para criar dous de hidróxeno-2. Como resultado, dous [[positrón]]s ([[electrón]]s positivos) e dous [[neutrino]]s son liberados. Estes dous núcleos se xuntan con máis dous núcleos de hidróxeno-1, criando así dous núcleos de helio-3 liberando, simultaneamente, [[radiación gama|radiación gamma]]. Os dous núcleos de helio así formados son inestábeis neste estado e, subsecuentemente, sofren outra reacción nuclear de fusión que resulta nun núcleo de helio-4 e dous de hidróxeno-1.