Betume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
consume > consome
m Arranxiño
Liña 1:
[[Ficheiro:Bitumen.jpg|miniatura|Betume natural.]]
[[Ficheiro:Bitumen2.jpg|miniatura|Betume.]]
O '''betume'''<ref>{{DRAG|betume}}</ref> é unha mestura de [[substancia química|substancias]] [[compostoMateria orgánicoorgánica|orgánicas]] altamente [[viscosidade|viscosa]], negra, de alta densidade completamente [[soluble]] en [[disulfuro de carbono]] e composta principalmente por [[hidrocarburo aromático policíclico|hidrocarburos aromáticos policíclicos]]. É un nome xenérico de varias substancias, compostas principalmente de carbono e hidróxeno, que se atopan na natureza e arden con chama, fume mesto e cheiro peculiar. A maioría dos betumes contén [[xofre]] e varios [[metal pesado|metais pesados]] como [[níquel]], [[vanadio]], [[chumbo]], [[cromo]], [[mercurio (elemento)|mercurio]] e tamén [[arsénico]], [[selenio]] e outros elementos tóxicos. Os betumes poden acadar unha boa conservación de plantas e animais, que forman fósiles nas rochas. O betume tamén se atopa nos [[meteorito]]s, rochas arcaicas, mineralizacións de cobre e zinc, e en covas. É posible que o betume sexa o principal material formado durante a [[acrecemento|acreción]] da terra e fora procesado polas bacterias que consomen hidrocarburos.
 
== Notas ==