Ventosela, Redondela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engadir notas (via JWB)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 18:
A parroquia de San Martiño agrupa dous barrios claramente diferenciados, [[O Vilar do Mato, Ventosela, Redondela|O Vilar do Mato]], cara a [[ría de Vigo]], e [[Castiñeira, Ventosela, Redondela|Castiñeira]] cunha situación netamente interior. Cada entidade ocupa as ladeiras do monte. O punto de unión social e xeográfico entre ámbolos núcleos é o lugar elevado onde se atopa a igrexa parroquial de San Martiño, o camposanto e a escola de párvulos que aínda segue en funcionamento.
 
Vilar do Mato é unha agrupación de varios lugares ben diferenciados, artellados ladeira abaixo en varios socalcos. As casas están maiormente situadas unha tras doutro ao longo da estrada que une o lugar a Pantalla (crucecruzamento coa estrada [[N-550]]) e a estrada cara Castiñeira e a veciña parroquia de Reboreda. Os principais sub-núcleos son O Eido de Arriba, o Cotiño, Fontecova e o Eido de María.
 
Castiñeira ten unha disposición semellante con varios lugares (como A Carosa) estruturados arredor dunha estrada que remata no monte.