Lingua inglesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 11 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1
Liña 84:
Coa [[conquista normanda de Inglaterra]] en 1066, o inglés antigo con trazos nórdicos foi suxeito do contacto co [[normando antigo]], unha [[linguas románicas|lingua románica]] estreitamente relacionada co [[lingua francesa|francés]] moderno. A lingua normanda en Inglaterra evolucionou eventualmente no [[Lingua anglonormanda|anglonormando]]. Como o normando era falado principalmente polas elites e os nobres, mentres que as clases baixas continuaron falando anglosaxón, a influencia do normando consistiu na introdución dun gran número de [[préstamo lingüístico|préstamo]]s relacionados coa política, coa lexislación e os dominios sociais de prestixio.{{sfn|Svartvik|Leech|2006|p=39}} O inglés medio simplificou amplamente o sistema de inflexión, probablemente para conciliar o nórdico antigo co inglés antigo, que tiñan inflexións diferentes pero morfoloxías semellantes. A distinción entre os casos nominativo e acusativo perdeuse agás nos pronomes persoais, o caso instrumental desapareceu e o uso do caso [[xenitivo]] foi limitado a describir posesión. O sistema de inflexión regulou moitas formas inflexionais irregulares,{{sfn|Lass|1992}} e gradualmente simplificou o sistema de acordo, facendo a orde das palabras menos flexible.{{sfn|Fischer|van der Wurff|2006|pages=111–13}} Na [[Biblia de Wycliffe]] de 1380, a pasaxe de Mateo 8:20 foi escrito así:
 
: ''Foxis han dennes, and briddis of heuene han nestis''<ref>{{cita web | apelido = Wycliffe | nome = John | url = http://wesley.nnu.edu/fileadmin/imported_site/wycliffe/wycbible-all.pdf | editorial = Wesley NNU | título = Bible | data-acceso = 27 de xaneiro de 2017 | urlarquivo = https://web.archive.org/web/20170202202047/http://wesley.nnu.edu/fileadmin/imported_site/wycliffe/wycbible-all.pdf | dataarquivo = 02 de febreiro de 2017 | urlmorta = si }}</ref>
 
Aquí o sufixo plural ''-n'' no verbo ''have'' aínda se conserva, pero ningunha das terminacións dos casos sobre os substantivos está presente.