Krzysztof Penderecki: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 14 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1
Recuperando 17 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1
Liña 44:
Seguiulle ''Fluorescences'' ao ano seguinte; nela incrementa a densidade orquestral con máis vento e metais, e unha enorme sección de percusión de 32 instrumentos para seis músicos que inclúen un [[güiro]] mexicano, máquinas de escribir, [[gong]]s e outros instrumentos pouco habituais. A obra foi composta para o [[Donaueschinger Musiktage]] de música contemporánea en [[1962]], e a súa interpretación foi vista como provocativa e polémica. Mesmo a partitura semellaba revolucionaria; a forma de [[notación gráfica]] que Penderecki desenvolvera evitou a aparencia familiar das notas no pentagrama, representando no seu lugar a música como sons morfolóxicos.<ref name="LOC1" />
 
Penderecki foi pronto recoñecido por institucións musicais de fóra de Polonia que comezaron a encomendarlle encargos que lle darían unha estabilidade económica.<ref name="trzej"/> Foi nesta época cando concluíu as súas exploracións de vangarda e gañaría reputación entre un público máis amplo coa estrea de ''[[Passio et mors Domini nostri Jesu Christi secundum Lucam]]'' na [[catedral de Münster]] ([[Alemaña]]) en [[1966]], a primeira grande obra da súa carreira, que fora encargada pola [[WDR Sinfonieorchester Köln]] para conmemorar o 700 aniversario da catedral alemá e que supuxo un punto de inflexión na súa carreira, converténdose no artista máis aclamado dende [[Igor Stravinskii]].<ref name="Schott"/><ref name="bio">{{Cita web |url=http://www.krzysztofpenderecki.eu/en/3/0/2/Biography |título=Krzysztof Penderecki (Biography) |editor=[http://www.krzysztofpenderecki.eu/ www.krzysztofpenderecki.eu] |dataacceso=5 de marzo de 2014 |lingua=inglés |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140306015859/http://www.krzysztofpenderecki.eu/en/3/0/2/Biography |dataarquivo=06 de marzo de 2014 |urlmorta=si }}</ref> Porén, ''Passio secundum Lucam'' supuxo a crítica dos que o consideraron unha traizón á vangarda. A partir deste momento Penderecki aventuraríase na esfera sacra con obras coma ''Dies irae'' (tamén chamada ''Oratorio Auschwitz'' e composta en 1967), ''Utrenja'' (1971) e ''Polskie Requiem'' (versión definitiva de 2005), o seu ''Credo'' (1998), ou a ''Missa brevis'' (2012).<ref name="trzej"/>
 
As súas intencións nesta época estaban influenciadas por [[John Cage|Cage]]: "O único que me interesa é a liberación do son máis alá de toda a tradición."<ref name="liner">{{cita web |apelidos =Tomaszewski |nome =Mieczyslaw |ano =2000 |título =Orchestral Works Vol 1 Liner Notes |xornal = |url =http://www.amazon.com/Penderecki-Orchestral-Works-Vol-01/dp/B00004D3II | dataacceso = }}</ref> Esta preocupación no son culminou en ''De Natura Sonoris I'', que insta frecuentemente á orquestra a empregar técnicas non estándar para producir son e cores orixinais. En [[1971]] compuxo unha secuela, ''De Natura Sonoris II'': coa súa orquestra máis limitada, incorpora máis elementos dos [[Posromanticismo|posrománticos]] que na súa predecesora. Esta anuncia a renuncia de Penderecki coa vangarda a mediados dos anos '70, aínda que ambas as pezas contan con dramáticos ''glissandi'', densos ''clústers'', e un uso dos harmónicos e instrumentos pouco habituais (a [[serra musical]] característica da segunda peza). Na segunda metade da década de 1960, entre [[1966]] e [[1968]], Penderecki exerceu como profesor na [[Volkwang Hochschule für Musik]] de [[Essen]] ([[Alemaña]]).<ref name=asturias2/>
Liña 69:
En decembro de [[1996]] rematou a súa [[Sinfonía Nº7 (Penderecki)|Sétima Sinfonía]], subtitulada "Sete portas de Xerusalén", que pecharía as celebracións do trimilenario da cidade de [[Xerusalén]], sendo estreada na mesma cidade o [[9 de xaneiro]] de [[1997]]; e o [[4 de outubro]] dese mesmo ano estreaba en [[Moscova]] o ''Hymne an den heiligen Daniel'', que fora encargado por unha canle de televisión moscovita para conmemorar o 850 aniversario da capital rusa; e posteriormente, o [[18 de outubro]], estreouse o ''Hymne an den heiligen Adalbert'' para conmemorar o 1.000 aniversario da cidade polonesa de [[Gdańsk]]. Poucos anos despois, o [[23 de xaneiro]] de [[2000]], Penderecki recibiu o premio ao "Mellor Compositor Vivo" no Midem Classic en [[Cannes]] ([[Francia]]), e en outubro dese mesmo ano era nomeado doutor honorario da [[Universidade de Lucerna]].<ref name="bio"/>
 
En [[2001]], o ''Credo'' de Penderecki foi galardoado cun [[Premio Grammy]] á mellor interpretación coral pola primeira gravación da obra feita polo [[Oregon Bach Festival]], que encargou a obra.<ref name="awards">{{Cita web |url=http://www.krzysztofpenderecki.eu/en/3/242/246/Prizes-and-Awards |título=Prizes and Awards |editor=[http://www.krzysztofpenderecki.eu/ www.krzysztofpenderecki.eu] |dataacceso=8 de marzo de 2014 |lingua=inglés |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140306085000/http://www.krzysztofpenderecki.eu/en/3/242/246/Prizes-and-Awards |dataarquivo=06 de marzo de 2014 |urlmorta=si }}</ref> Ese mesmo ano, Penderecki foi galardoado co [[Premio Príncipe de Asturias]] no [[Estado español]], un dos galardóns máis alto outorgado no país a persoas, entidades, organizacións ou outros de todo o mundo que salientan nas ciencias, artes, humanidades etc. En 2001, sendo invitado por [[Walter Fink]], Penderecki converteuse no 11º compositor en ser destacado no Komponistenporträt do Rheingau Musik Festival. En [[2005]] recibiu un doutoramento honorífico da [[Universidade Nacional de Seúl]] ([[Corea do Sur]]), así como pola [[Universidade de Münster]] ([[Alemaña]]) en [[2006]].<ref name=honorary>{{Cita web |url=http://www.krzysztofpenderecki.eu/en/3/242/248/Honorary-Member |título=Honorary Member |editor=[http://www.krzysztofpenderecki.eu/ www.krzysztofpenderecki.eu] |dataacceso=6 de marzo de 2014 |lingua=inglés |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140306202619/http://www.krzysztofpenderecki.eu/en/3/242/248/Honorary-Member |dataarquivo=06 de marzo de 2014 |urlmorta=si }}</ref> Entre os seus alumnos máis destacados están [[Chester Biscardi]]<ref>{{Cita web |url=http://chesterbiscardi.com/bio/education-teaching/ |título=Biography: Curriculum Vitae: Education & Teaching |editorial=chesterbiscardi.com |dataacceso=28 de abril de 2016 |lingua=en}}</ref> e [[Walter Mays]].<ref>{{Cita web |url=https://books.google.es/books?id=kYsJAQAAMAAJ&pg=PT100&lpg=PT100&dq=walter+mays+composer+penderecki&source=bl&ots=adqBFTtbs1&sig=TZVFX3EMP-_9tRXuQ8tDzNEdrBw&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwicjNz7hLLMAhViJMAKHZslCYAQ6AEIKzAC#v=onepage&q=walter%20mays%20composer%20penderecki&f=false |título=2007-2008 Programs. Presented by guest artists, faculty and students |editorial=University of Michigan School of Music, Theatre & Dance |dataacceso=28 de abril de 2016 |lingua=en}}</ref>
 
Na celebración do seu 75 aniversario dirixiu tres das súas obras no [[Rheingau Musik Festival]] en [[2008]], entre elas a "Ciaccona" do ''Polskie Requiem''.<ref>[https://web.archive.org/web/20130722140531/http://www.rheingau-musik-festival.de/data_files/ouvertuere_2008.pdf Ouverture 2008] Rheingau Musik Festival, p. 17, 11 de xullo de 2008.</ref> Ao ano seguinte compuxo ''[[Kaddish]]'' para conmemorar o 65 aniversario do peche do [[gueto]] de [[Łódź]]. Ao ano seguinte, ano do bicentenario do nacemento de [[Frédéric Chopin]], Penderecki formou parte do Comité Honorario do Ano Chopin nas embaixadas da República de Polonia en [[Lisboa]], [[Toquio]] e [[Roma]], e compuxo ''Powiało na mnie morze snów... Pieśni zadumy i nostalgii'' (''Un mar de soños respiraba en min... Cancións de reflexións e nostalxia''), para [[soprano]], [[mezzosoprano]] e [[barítono]]. Ese mesmo ano, a [[Gesellschaft der Musikfreunde]] de [[Viena]] encargoulle unha obra para conmemorar o 200 aniversario da [[Musikverein]] da capital austríaca, dando lugar ao ''Dobre concerto para violín e viola'', que sería estreado o [[22 de outubro]] de [[2012]] na capital austríaca coa [[Symphonieorchester des Bayerischen Rundfunks]] baixo a dirección de Mariss Jansons e con [[Janine Jansen]] ([[violín]]) e [[Julian Rachlin]] ([[viola]]).<ref name="bio"/>
Liña 152:
 
=== Ligazóns externas ===
* [https://web.archive.org/web/20140217223917/http://www.krzysztofpenderecki.eu/ Sitio web oficial] {{pl}} {{en}}
* [https://web.archive.org/web/20140425111620/http://www.trzejkompozytorzy.pl/penderecki Penderecki en "Trzej Kompozytorzy"] {{pl}} {{en}}
* [http://penderecki-center.pl/ Sitio web oficial] do [[European Krzysztof Penderecki Center for Music]] {{pl}} {{en}}