Diocese católica latina de Lugo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
One2 (conversa | contribucións)
Liña 38:
O [[13 de xuño]] de [[1599]] foi instituído o [[seminario]] diocesano, aínda que non iniciaría as actividades até [[1624]], probablemente debido a problemas económicos. Orixinariamente, cada arciprestado dirixiría un certo número de vacantes do seminario, determinado segundo a contribución económica do mesmo.
 
En [[1645]] a diocese estaba subdividida en 39 arciprestados, mentres dun mapa do ano [[1768]] colíxese unha subdivisión en 35 parroquias e tres priorados [[Orde de San Bieito|beneditinos]], estes gobernados polo abade de [[Mosteiro de Samos|Samos]] e que conformaban unha [[prelatura territorial]] (hoxe se definedefínese como ''abadía nullius''). Esta prelatura territorial foi suprimida no [[século XIX]], como consecuencia da [[exclaustración]] e a [[desamortización]] de [[Mendizábal]]. O [[9 de agosto]] de [[1890]] aprobouse unha nova subdivisión parroquial, pero que sufriría numerosas reformas ao longo do [[século XX]]: [[31 de decembro]] de [[1934]], [[9 de xuño]] de [[1942]], [[15 de setembro]] de [[1955]], [[14 de agosto]] de [[1964]], [[23 de xullo]] de [[1970]], [[14 de xuño]] de [[1985]] e [[28 de setembro]] de [[1995]].
 
O [[17 de outubro]] de [[1954]], consonte o Concordato de 1953, foron modificados os confíns diocesanos, presuntamente para adaptalos aos das provincias civís.<ref>Iso é o que ampara o concordato, pero na práctica non foi así en xeral, así Lugo mantén parroquias nas provincias da Coruña e Pontevedra, e a diocese de Astorga mantén aínda territorios na provincia de Ourense, por outra banda Mondoñedo está na provincia de Lugo porque esta foi ampliada con parte do seu territorio até a costa cantábrica</ref> En particular foron cedidas algunhas parroquias de fóra da provincia civil á diocese de Astorga, Mondoñedo e Ourense e foron agregadas á diocese outras parroquias que as dioceses de Ourense e Astorga e máis a diocese de Oviedo posuían na provincia de Lugo<ref>En concreto Astorga cedeu o arciprestado de Quiroga e, en troca, recibiu varias parroquias da comarca do Valcarce, no Bierzo; o que ficou delimitado destes arranxo é que, practicamente, toda parroquia civilmente non galega, pero si culturalmente, pasase a mans dun bispado que asegurase formación castelanizante total dos cregos, claro que a adscrición a unha diocese galega tampouco garante párrocos galeguizados, por contra a historia recente mostra o contrario.</ref>.