Música industrial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
de en.wiki
 
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
A '''música industrial''' é un xénero musical que se basea en sons e temas ásperos, transgresivos ou provocativos. [[AllMusic]] define á música industrial como a "fusión de rock e [[música electrónica]] máis abrasiva e agresiva" que foi "inicialmente unha mestura de experimentos de electrónica de vangarda ([[Música electroacústica|música de cinta]], [[musique concrète]], [[ruído branco]], sintetizadores, secuenciadores, etc.) e provocación [[punk]]".<ref>{{Cita web|título=Industrial Music Genre Overview|url=https://www.allmusic.com/style/ma0000002658|páxina-web=AllMusic|data-acceso=2020-07-10|lingua=en-us}}</ref> O termo foi cuñado a mediados dos 70 coa fundación de [[Industrial Records]] por membros de [[Throbbing Gristle]] e [[Monte Cazazza]]. Aínda que o nome do xénero orixinouse coa aparición de Throbbing Gristle no [[Reino Unido]], concentracións de artistas e selos vitais para o xénero tamén apareceron nos [[Estados Unidos]], concretamente en [[Chicago]].
 
Os primeiros artistas industriais experimentaron con ruído e temas esteticamente controvertidos, tanto musical como visualmente, como o [[fascismo]], a perversión sexual e o [[ocultismo]]. Entre os artistas máis destacados da música inustrial atópanse Throbbing Gristle, Monte Cazazza, [[SPK]], [[Boyd Rice]], [[Cabaret Voltaire (grupo musical)|Cabaret Voltaire]] e [[Z'EV]].<ref>V.Vale. ''Re/Search #6/7: Industrial Culture Handbook'', 1983</ref> No álbum de estrea de Throbbing Gristle, ''[[The Second Annual Report]]'' ([[1977]]), a banda cuñou o eslogan "música industrial para xente industrial". O selo independente baseado en [[Chicago]] [[Wax Trax! Records]] contou cunhacun gran plantillacadro de artistas do xénero. Os precursores que influenciaron o desenvolvemento da música industrial inclúen artistas da música electrónica como [[Kraftwerk]], do [[rock experimental]] como [[Pink Floyd]] e [[Frank Zappa]], do [[rock psicodélico]] como [[Jimi Hendrix]], e compositores como [[John Cage]]. Os músicos tamén citan a escritores como [[William S. Burroughs]], e filósofos como [[Friedrich Nietzsche]] como influencias.
 
Aínda que o termo foi autoaplicado por un pequeno grupo de bandas e individuos relacionados con Industrial Records a finais da década dos 70, ampliouse para incluír a artistas influenciados polo movemento orixinal ou que usaban unha estética "industrial". Co tempo, a influencia do xénero estendeuse e mesturouse con estilos como [[Música ambient|ambient]], música synth e [[Música rock|rock]] como en [[Front 242]], [[Front Line Assembly]], [[KMFDM]], e [[Sister Machine Gun]] do selo baseado en Chicago [[Wax Trax! Records]]. A música electro-industrial é un subxéro primario desenvolvido nos anos 80, sendo os seus representantes máis notables Front Line Assembly e [[Skinny Puppy]]. Os outros dous híbridos do xénero máis destacables son o [[rock industrial]] e o [[metal industrial]], que inclúen bandas como [[Nine Inch Nails]], [[Ministry]] e [[Fear Factory]], os dous primeiros con discos de platino publicados nos anos 90.