Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 51:
 
==== A normativa da violencia. O espellismo da igualdade ====
Un pequeno percorrido pola [[historia do feminismo]] implica, na perspectiva da autora, observar a evolución da normativa sobre a [[violencia contra as mulleres]]. A obra explica como quedaran fóra dos Parlamentos e do dereito ao [[voto]], isto é, fóra da [[cidadanía]], ata que no [[século XX]] cando conseguiu o [[voto feminino]]. Reivindicar o papel das mulleres como científicas, filósofas, artistas, protagonistas en calquera campo da sociedade (alúdese nesta obra a [[Emilia Pardo Bazán|Pardo Bazán]], [[Betty Friedan]], as xa citadas Rosalía e Simone de Beauvoir, [[Roxane Gay]] etc.) denuncia ao paso a súa invisibilización e marxinación, época tras época, nos máis diversos episodios: [[caza de bruxas]], [[violación]] como parte da [[Guerra|acción bélica]], [[escravitude]] dupla (no traballo industrial ou de servizos e no traballo doméstico e [[Traballo reprodutivo|reprodutivo]]) baixo o [[Capitalismo|sistema capitalista]]... Estes feitos, para Adán, non son vestixio doutro tempo. Vivimos na época do espellismo da igualdade porque permanecen prácticas da [[violencia patriarcal]] máis arcaica (violación<ref>{{Cita web|título=Presentación do libro: “Feminicidio" obra de Carme Adán. (parte 2)|url=https://www.youtube.com/watch?v=8tKaokb99HE|data=2019-01-12|data-acceso=2019-05-16|apelidos=Biblioteca de Verín}}</ref>, asasinato) e se normalizan realidades coma o [[Acoso sexual|acoso]], o [[Abuso sexual|abuso]] ou o maltrato físico e psicolóxico; porque continúa o réxime de [[discriminación]] produto dun sistema xerárquico no que, detalla polo miúdo a autora, se atribúen distintos traballos, espazos, tempos, recursos e poder aos homes e ás mulleres. E se ben certas políticas e Gobernos en principio regulan xustamente os espazos do público -e, en menor medida, do privado-, as correccións dos Estados patriarcais modernos continúan ocultando un acceso desigual aos recursos e un [[contrato]] non escrito de carácter reprodutivo-sexual. Non sería alleo aos hábitos seculares do patriarcado o tratar as mulleres como vítimas, seres débiles e necesitados de axuda; fuxir do ideario da vitimización conlevaríasuporía mudar a atribución de [[Rol de xénero|roles]] que garante o funcionamento do sistema; as mulleres non son vítimas, é a propia estrutura sociopolítica de violencia social a que as coloca nunha posición de maior vulnerabilidade. Educar unha moza no medo a ser violada converteríaa, segundo Adán, en vítima, e polo tanto actualizaría as ferramentas de control dun [[patriarcado]] de rostro máis amable.
 
==== Os micromachismos ====