Cerámica de Sargadelos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
{{Sen referencias|data=maio de 2020}}
{{Outros homónimos|Sargadelos}}
[[Ficheiro:Prato de Sargadelos da Terceira Época (s.XIX), en rosado.jpg|miniatura|Prato de Sargadelos da Terceira Época (s.XIX), en rosado.]]
[[Ficheiro:Prato de Sargadelos da Terceira Época (s.XIX), en negro.jpg|miniatura|Prato de Sargadelos da Terceira Época (s.XIX), en negro.]]
A '''cerámica de Sargadelos''' é unha famosa [[cerámica]] galega elaborada en [[Sargadelos, Cervo|Sargadelos]], (no municipio lucense de [[Cervo]], [[Galicia]], [[España]]). A primeira fábrica foi creada a principios do século XIX por [[Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés|Antonio Raimundo Ibáñez]] e que tras varias xeracións acabou pechando en 1875. A partir de mediados do século XX Sargadelos forma parte dun grupo de empresas do sector, o [[grupo Sargadelos]] —ao que pertence igualmente a cerámica de Castro-Sada— grazas ao impulso do ceramista [[Isaac Díaz Pardo]], baseada en coloracións en tons azuis.
 
O [[museo de Pontevedra]] conta cunha sala cunha gran colección desta cerámica.
 
Liña 21 ⟶ 20:
[[Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés|Ibáñez]] contou en primeiro lugar coa materia prima necesaria que se atopaba ademais moi próxima: arxilas, caolines, leña, cursos de auga. Tiña ademais moi próximo o [[San Cibrao, Lieiro, Cervo|porto de San Cibrao]] para enviar desde alí os produtos a lugares afastados, imitando así a iniciativa inglesa.
 
A creación da fábrica de cerámica en 1806 supuxo un novo sistema de producir, introducindo o proceso mecánico que viría substituír a peza feita a man, co que se tentaba ademais abaratar os prezos. O director contaba con sona de afrancesado e o [[2 de febreiro de 1809]], baixo o mando de cregos e fidalgos da zona os veciños amotináronse contra a industria, destruíndo as instalacións e ocasionando varios mortos. A pintura a man foi substituída igualmente polo moderno sistema de estampaxe, importado de [[Bristol]] ([[Inglaterra]]). Os obxectos fixéronse en louza fina, un produto intermedio entre a louza e a porcelana, un material duro e lixeiro á vez, de paredes delgadas con cocción entre 1.100  °C e 1.200  °C. Trá-la cocción a cor resulta branco e é entón cando se lle aplica un verniz de chumbo. Este sistema diferénciase da louza en que en lugar de engadir area á pasta engádese [[Cuarzo|sílice]], [[feldespato]], [[Caolinita|caolín]] e [[calcio]], obtendo resultados diferentes segundo as cantidades engadidas. Sobre esta pasta superponse o estampado cuxa técnica perfeccionaran en 1761 John Sadler e Guy Green, na fábrica de [[Liverpool]].
 
== Primeira época (1806-1832) ==