Unknown Instructors: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
de en.wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 10 de xullo de 2020 ás 12:31

Unknown Instructors é un supergrupo de rock improvisado que conta coa antiga sección rítmica de Minutemen e fIREHOSE, o baixista Mike Watt e o batería George Hurley; con membros de Saccharine Trust, o guitarrista Joe Baiza e o vocalista Jack Brewer; e co vocalista e saxofonista Dan McGuire.[1] A banda foi descrita como "unha reunión de estrelas de alumnos do establo SST doutro tempo"[2] e Henry Rollins chamouna unha formación it a dream lineup.[3]

Unknown Instructors
Xénero(s)rock alternativo, rock experimental
Selo(s) discográfico(s)Smog Veil Records, ORG Music
MembrosMike Watt
George Hurley
Joe Baiza
Jack Brewer
Dan McGuire
David Thomas
Raymond Pettibon
J Mascis
Artistas relacionadosMinutemen, fIREHOSE, Saccharine Trust, Dinosaur Jr.
Na rede
MySpace: unknowninstructors Musicbrainz: cfe83568-29ab-4b70-b407-6fabde387a19 Discogs: 1018921 Editar o valor em Wikidata

O seu primeiro álbum, The Way Things Work, foi editado a finais de setembro de 2005 a través do selo Smog Veil Records. En outubro dese ano a banda regresou ao estudio para gravar un segundo álbum, desta vez con David Thomas de Pere Ubu e o artista Raymond Pettibon como novos participantes.[1] O disco, The Master's Voice, foi publicado en marzo de 2007. Un terceiro traballo, Funland, apareceu en 2009.[4] En 2019 Unknown Instructors publicou o seu cuarto álbum, titulado Unwilling to Explain, con J Mascis de Dinosaur Jr. na guitarra.[5][6] Este trátase do primeira disco da banda que non foi improvisado.[7]

Discografía

Álbums

Álbum Ano Selo
The Way Things Work 2005 Smog Veil Records
The Master's Voice 2007 Smog Veil Records
Funland 2009 Smog Veil Records
Unwilling to Explain 2019 ORG Music

Notas

  1. 1,0 1,1 "Interview: Joe Baiza and Dan McGuire of Unknown Instructors". Verbicide (en inglés). Consultado o 2020-07-10. 
  2. Sanford, Graham. "Mike Watt: Still Banging Away in the Engine Room". Gapers Block. Consultado o 2020-07-10. 
  3. "Joe Baiza Of Unknown Instructors: 'My Musical Insight Has Grown'". www.ultimate-guitar.com (en inglés). Consultado o 2020-07-10. 
  4. Breihan, Tom. "Mike Watt Drops Album, Tours, Writes Opera". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-07-10. 
  5. "Song Premiere: "Out in the Cold" by Unknown Instructors". The Big Takeover (en inglés). Consultado o 2020-07-10. 
  6. "Unknown Instructors: Unwilling to Explain – Org Music". orgmusic.com. Consultado o 2020-07-10. 
  7. "Q&A: Mike Watt On Snapping Pics In San Pedro For on and off bass, The fIREHOSE Reunion, And Playing Stooges Covers | The Village Voice". www.villagevoice.com. Consultado o 2020-07-10.