Eukaryota: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Bioloxía e Xeoloxía}}
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 26:
 
== Características ==
Pertencen ó dominio ''Eukarya'' os [[animais]], as [[planta]]s, os [[Fungi|fungos]], así como varios grupos denominados colectivamente [[protista]]s. Todos eles presentan semellanzas a nivel molecular (estrutura dos lípidos, proteínas e xenoma) e comparten unha orixe común. Os eucariontes orixináronse hai 2,7 mil millóns de anos, despois de entre 1-1,5 mil millóns de anos de evolución dos procariotas.<ref>Cooper GM. The Cell: A Molecular Approach. 2nd edition. Sunderland (MA): Sinauer Associates; 2000. The Origin and Evolution of Cells. Dispoñible en: <nowiki>https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK9841/</nowiki></ref> Os fósiles máis temperáns, como os [[Acritarcha|acritarcoacritarcos]] son difíciles de interpretar. Formas que poden relacionarse inequivocamente cos grupos modernos comezaron a xurdir hai uns 800 millóns de anos, mentres que a maioría dos grupos fósiles xa se coñecen dende o final do Cámbrico, hai uns 500 millóns de anos.
 
Os eucariontes repártense entre catro reinos ([[Protista]], [[Plantae]], [[Animalia]] e [[Fungi]]), cinco, segundo Cavalier-Smith (os anteriores máis o reino [[Chromista]]), ou moitos máis (algúns consideran, pero non é punto de vista xeralmente aceptado, que é máis axeitado clasificalos en ata vinte reinos).