Siouxsie & the Banshees: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 37:
A comezos de 1983 gravan e editan un sinxelo cunha versión do tema ''Dear Prudence'' dos [[The Beatles|Beatles]], que se transforma no seu maior éxito ata a data. É xusto nese momento cando Siouxsie e Budgie (que acabarían formando matrimonio) aproveitarían para crearen un proxecto paralelo, un grupo alternativo, [[The Creatures]], co que gravarían o disco '''Feast''' en 1983. (Este proxecto continuaría no futuro con traballos como '''Boomerang''' en 1990, '''Anima Animus''' en 1999 e '''Hai''' no 2003).<br/>Pola súa parte Steve Severin e Robert Smith formarían [[The Glove]], un proxecto psicodélico no que explotaron a súa parte máis aloucada e desenfadada tras un prolongado consumo de drogas alucinóxenas.
 
A mediados de 1983 a banda reunifícase para facer unaunha xira e gravar o seu primeiro álbum en directo, '''Nocturne''' (1983), que se edita baixo o seu propio selo discográfico ''Wonderland'', e que está gravado durante unha exitosa actuación no Royal Albert Hall de Londres.<br/>Coa publicación do álbum '''Hyaena''' (1984) e un forte abrandamento do son do grupo, xa totalmente sumidos no pop, reciben as súas peores criticascríticas, comezando así unha pequena etapa de decadencia que se salda coa saída do grupo de Robert Smith, que se centraría definitivamente en The Cure.
 
En 1985 Siouxsie and The Banshees rexorden das súas cinzas co traballo '''Tinderbox''' e coa incorporación ó grupo de [[John Carruthers]] á guitarra. O disco, fresco e repleto de boas cancións, incluía algúns dos mellores sinxelos da súa carreira: ''Cities in Dust'' e ''Candyman''. Ademais foi o primeiro álbum do grupo que lograba unha boa posición nas listas de vendas estadounidenses.